© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Pleno de marcas persoais na xornada "Xogade" infantil en pista e combinadas alevín


Todos os nosos representantes acadaron ao menos unha marca persoal na primeira fase de atletismo escolar, clasificatoria para o campionato provincial


O pasado sábado as pistas da Universidade de Santiago de Compostela acollían o primeiro clasificatorio para a categoría infantil e para as probas combinadas da categoría alevín do programa Xogade de atletismo en pista.

Os resultados nosos deportistas obtiveron destacados resultados. En infantís Asier Cabo, gañou o triple salto e os 80 metros lisos con mellor marca persoal e logrou o 3º posto en salto de lonxitude. Destacou tamén María Pereira, conseguindo gañar a súa serie de 80 metros lisos facendo mellor marca persoal e Tareixa Pose que logrou o terceiro posto en marcha. Frans de Roo, pese tamén acadou mellor marca persoal nos 150 metros lisos rematando en 4º posto. En alevín competía Alex Cabo nas probas combinadas logrando un 5º posto xeral e realizando marca persoal en 80 metros lisos.

Así pois, excelente balance nunha xornada na que a climatoloxía finalmente acompañou e na que tod@s @s nos@s atletas seguen a mostrar avances acadando tod@s ao menos unha marca persoal, o que deixa excelentes sensacións para as citas que veñen por diante.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -