Unha vintena de atletas do club participaron no galego de milla e 1000 metros lisos


A praza de Galicia compostelana foi escenario da proba, onde pese a non acadar ningunha medalla os nosos deportistas si amosaron un gran rendemento

Este domingo foi unha gran xornada de atletismo polas rúas de Compostela coa celebración da I Edición da milla "Portas de Compostela" á súa vez, Campionato Galego de Milla e 1000m en Ruta. Na proba o club estivo representado por unha numerosa expedición.

As actuacións máis destacadas foron os postos de finalista acadados por Anxo Lema, 8º na milla promesa, Gabriela Quintás (8ª cadete) e Miguel Anxo Torres (8º benxamín) ainda que houbo moitas máis boas actuacións, que pese a non achegarse aos postos de privilexio si amosaron os progresos, coa consecución de numerosas marcas persoais.

Os resultados foron os seguintes:

PRE-BENXAMÍNS:

(Proba fóra de concurso e non oficial)

Álvaro Iglesias : POSTO 2º .subcampión

BENXAMÍNS:

Miguel Anxo Torres: 8º con 4.17 (MP)

Carlos Lázara: 11º con 4.26

ALEVÍNS:

Lorena Pegito: 32ª con 4:32

Álex Cabo: 15º con 3:52´´

Hugo Cea: 27º con 4:35

Pedro Iglesias: 32º con 4:51

Arón Lorenzo : 11º con 3:46

INFANTILES:

Sandra Rilo: 24º con 4:28

Tareixa Posee: 25ª con 4:41

María Pereira: 14ª con 3:55 (MP)

Diego Palmas: 31º con 4:04

CADETES:

Iria Ferreiro: 39ª con 4:09 (MP)

Andrea Iglesias: 34ª con 3:59

Lucía Castro: 26ª con 3:46 (MP)

Carla Pérez: 16ª con 3:38

Gabriela Quintás: Posto 8ºcon 3:30´´

Manuela Raviña: 35ª con4:00 (MP)

Andrea Torres: 43ª con 4:41

David Amigo: 17º con 3:26

PROMESAS: (Milla)

Anxo Lema : 8º con 5:03

Nicolás Villanueva 10º con 5.24


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com