Campionato galego de 5000 e trofeo Fontes do Sar


Tamén o 18 de marzo arrancaba a tempada de pista ao aire libre para os que non competiran o sábado coa disputa do campionato galego de 5000 metros e co Trofeo de Atletismo Fontes do Sar.

O domingo 18 de Marzo celebráronse nas pistas da Universidade de Santiago o Campionato Galego de 5000m en pista xuvenil e o Trofeo Fontes do Sar no que tomou parte unha nutrida expedición de atletas na procura de bos rexistros. No campionato galego xuvenil soamente tiñamos un representante, que era Víctor Bouzón, que logrou un destacado 7º posto de Victor Bouzón cun tempo de 16:48.34.

Xa no Trofeo Fontes do Sar destacaron tamén Manuela Raviña con 3 podios: 3º posto en 300 metros lisos, 2º posto en lonxitude e 1º posto en 100 metros lisos; Carla Pérez campioa en 300 e 2ª en 100 metros lisos e gran actuación tamén de Nerea Martínez sendo 2ª en 500metros e de Álex Cabo 3º en Lonxitude e 6º en 500 metros. Moi boas marcas tamén e mellora nos rexistros as de Noela Baltasar e Mariña Cortés e Iria Fereiro nos 300 metros.

As marcas logradas pol@s nos@s deportistas foron as seguintes:

Noela Baltasar: 100ml: 3ª da serie con 14.35 (MP)+300ml: 5ª da serie con 50.81 (MP) rebaixandoa -2 segundos

Lucía Castro: 100m: 4ª da seriel con 15.36 (MP)+ 300ml: 3ª da serie con 50.42 (MP)

Iria Ferreiro: 100ml : 5ª da serie con con 15.77(MP) + 300ml: 5ª da srie con 52.00 rebaixandoa -1 seg

Diego Liñares: 100ml: 4º da súa serie con 14.22(MP)+300ml: 4º da súa serie con 49.99

Carla Pérez: 100ml: 2ª en 100ml con 14.08 (MP) + 300ml: 1ª con 44.58

Manuela Raviña: 100ml: 1ª con 13.92 (MP)+ 300ml: 3ª con 47.10(MP)+ Lonxitude: 2ª con 4.47m

Mariña Cortés: 100ml: 3ª da serie con 15:00 (MP)+ 300ml: 5ª da serie con 50.44

Álex Cabo: 500ml: 6º con 1:41.93 (MP)+lonxitude: Posto 3º con 3.25m

María Pereira: 500ml: 9ª con 1:43.45

Nerea Martínez: 500ml: 2º posto con 1:41.61+lonxitude: posto 19º con 2.34

Lorena Pegito: 500ml: 15ª con 2:00.51

Sandra Rilo: 500ml: 15ª con 2:08.63

Diego Palmas: 500ml: 8º con 1:37.49

En xeral a pesares da climatoloxía, unha gran xornada de convivencia deportiva con numerosas marcas persoais.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com