Os equipos absolutos masculino e feminino de duatlón no podio do circuito galego


O equipo masculino completou o circuíto con 3 podios sobre 3 posibles e remata na 2ª posición e o feminino, grazas ao 6º posto de Riveira e o 3º de Santiago remata na 3ª posición.

O domingo 18 de marzo remataba o circuíto galego de duatlón coa disputa do Duatlón concello de Riveira, que era ademais a última opción para lograr a clasificación para o campionato galego. Nel o equipo masculino lograba o título por equipos, o que xunto cos terceiros postos acadados nos duatlóns de Lugo e Santiago lle daban o 2º posto do circuíto, soamente superados polo Cidade de Lugo Fluvial e acompañados no podio dos 3 mellores polo Arcade Inforhouse Santiago.

O equipo masculino tamén obtiña prazas de privilexio, e malia que en Riveira rematou en 6ª posición, o 3º posto acadado no duatlón de Santiago, permitíalle lograr esa mesma posición no circuíto galego, superadas soamente polos intratables Náutico de Narón e Tripenta Terras de Lugo.

A nivel individual obtiñan o pase para o campionato galego, que se disputará en Narón o sábado 14 de abril, en categoría masculina Manuel Dosil, que remataba nunha meritoria 7ª praza e César Otero, que era 23º, ocupando tamén o 2º posto na categoría junior. Únense pois aos xa clasificados anteriormente, Jacobo Crego (fantástica 4ª praza tamén en Riveira), Miguel Daporta, Juan Cepeda, Jorge Ferradáns, Ismael García e Víctor Bouzón. En categoría feminina Tania Suárez tamén lograba o billete, uníndose así a Elena Míguens (2ª veterana e 10ª absoluta en Riveira) Tania Garabatos (12ª), Rita Cabanelas, Johana Torres e Marta Suárez. Son así 14 @s clasificad@s do club para o campionato galego, o que xunto coas 3 invitacións coas que conta o club en cada categoría, obtidas polo dobre podio no galego de 2017, farán que sexan 20 @s representantes do club na cita autonómica, sendo por terceiro ano consecutivo un dos clubes con maior número de representantes.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com