O Olímpico de Vedra afiánzase na 2ª división da liga nacional de duatlón


Tras a disputa das dúas primeiras xornadas o equipo masculino ocupa a 5ª posición e o feminino a 7ª, lonxe dos postos de descenso e mantendo as opcións de ascenso.

O 24 e 25 de marzo disputábase na localidade de Boiro o campionato de España de duatlón por clubes e o campionato de España de duatlón relevos mixtos. Eran as dúas primeiras xornadas da liga nacional de duatlón onde tanto o equipo feminino como o equipo masculino compiten na segunda división.

O sábado era o turno do campionato de España de duatlón por clubes. A primeira das probas foi a do equipo masculino, onde un equipo integrado por Manuel Dosil, Jacobo Crego, Ismael García, Miguel Daporta, Víctor Bouzon, César Otero, Juan Cepeda, Adrián Picallo, Jorge Ferradáns e Antón Barreiro, lograba a quinta posicion na segunda división, o que ven ser o 18º posto no campionato, se contamos aos 13 equipos que competiron en primeira.


Despois dos homes foi turno para o noso equipo feminino, que integrado por Inés Pereira, Silvia Deira, Elena Miguens, Tania Garabatos, Rita Cabanelas, Katia Senín, Silvia Mariño, Marta Suárez, Johana Torres e Tania Suárez tamén se facía co 5º posto na categoría, 16º no campionato.


Xa o domingo era o turno do campionato de España de duatlón por relevos mixtos, onde o equipo integrado por Inés Pereira, Manuel Dosil, Elena Miguens e Ismael García, acadaba o 26º posto no campionato o que daban a posición 8ª na xornada da liga feminina e 10ª na masculina.

Así as cousas, o equipo masculino sae do boiro na 5ª posición, a so un posto e 15 puntos do ascenso e cunha marxe de 38 puntos sobre o descensos, mentre que o equipo feminino ocupa o 7º posto con 95 puntos, a 21 do ascenso a primeira, pero con 79 de marxe sobre os postos que perden categoría. Na seguinte parada en Avilés, na segunda xornada da liga, os dous equipos tratarán de amarrar os postos na segunda división e chegar a Soria, por que non, con opcións de soñar coa primeira división.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com