Carla Pérez e Gabriela Quintás podio no galego cadete de atletismo en de pista cuberta


Brilante actuación tamén de Manuela Raviña, con dous quintos postos e de toda a expedición, que completaron Araceli de Roo, Lucía Freire, Noela Baltasar e Diego Liñares

Onte tiña lugar o campionato galego de pista cuberta na categoría cadete. A cita disputábase na flamante nova pista cuberta de atletismo, instalada no recinto de Expourense. Ata alí desprazábase unha expedición de 7 deportistas do club que acadaran o acceso ao campionato logo de acreditar as esixentes marcas mínimas do campionato. Malia que a maior parte da expedición eran deportistas de primeiro ano na categoría, non se conformaron simplemente con participar e loitaron polos postos de privilexio nas distintas probas que participaron.

Carla Pérez facíase coa medalla de prata na proba dos 300 metros lisos mellorando a súa marca persoal en preto de 1,5 segundos. Facíao ademais despois de superar unha semifinal e correr dúas rondas eliminatorias dos 60 metros lisos, onde pese a non pasar a final tamén fixo marca persoal con 8'56 segundos. Formidable actuación pois, tendo en conta que se trata dunha deportista debutante este ano na categoría cadete.

Excelente foi tamén a actuación de Gabriela Quintás, logrando a medalla de bronce nos 1000 metros lisos, logro para o que tivo que mellorar en 5 segundos a súa anterior marca, para deter o cronómetro en 3 minutos 13 segundos. Fantástica actuación tamén pois é cadete de primeiro ano.

Pese a non lograr medalla, non foi menos meritoria a actuación de Manuela Raviña, outra debutante na categoría que acadaba dous quintos postos. En lonxitude facía marca persoal, ademais no sexto salto, elevando o seu rexistro ata os 4,84 metros. Na proba dos 50 metros lisos tamén facía marca persoal nas rondas eliminatorias, cun tempo de 8,40 segundos. Malia ter 6 saltos e dúas roldas eliminatorias nas pernas, lograba facerse co quinto posto na final cun rexistro de 8'50 segundos.

A lanzadora Araceli de Roo, conseguíu entrar na mellora do lanzamento de peso cun lanzamento de 8,90 metros, acadando así tamén posto de finalista (8ª clasificada). Tampouco desmereceu a súa actuación nos 50 metros lisos, onde pese a non pasar rolda eliminatoria, fixo marca persoal (8,76 segundos). Sen dúbida, no bo camiño para facer grandes actuacións nos lanzamentos longos na tempada de aire libre que está a comenzar

Lucía Freire tivo por sorte no lanzamento de peso, pois os 7,90 que acadou non lle permitiron entrar na mellora. Malia todo acadou o posto 12º e sigue evolucionando cara e tempada de aire libre.

Tampouco logrou pasar ronda nos 60 metros lisos Noela Baltasar, con un tempo de 8,99 segundos, o que non desmerece para nada a súa actuación dado que é unha deportista especializada na marcha atlética.

Por último o único representante masculino do club na cita, Diego Liñares, pese a non acadar o pase a final, tamén tiña unha destacada actuación dando mostra dos seus avances, rexistrando dúas marcas persoais nas probas nas que participaba. Nos 60 metros lisos paraba o crono en 8'78 segundos e nos 300 metros lisos en 48'75 segundos.

Sen dúbida unha gran actuación de tod@s que dan boa mostra do traballo invernal e fan prever unha gran tempada de aire libre. Parabéns!!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com