Satisfactoria participación no campionato galego de cross


14 deportistas do Olímpico tomaban partida na cita autonómica, nunha fin de semana na que no Trofeo de Atletismo Deputación de Lugo tamén competían atletas do club

O pasado domingo 28 de xaneiro disputouse unha nova edición do Campionato Galego de Cross Cadete e Xuvenil Individual e por equipos , asi como o campionato galego Promesa-Absoluto de Cross Curto.

A proba tiña Lugar na localidade ourensán da Rúa, e o Olímpico participou cun continxente de 14 compoñentes. Na categoría cadete feminina o equipo lograba o 10º posto con Gabriela Quintás 28ª, Carla Pérez 48ª, Lucía Castro 51ª, Andrea Iglesias 73ª, Iria Ferreiro 88ª e Manuela Raviña 99ª. Un bo resultado pese a non ter o seu mellor día, tendo ademais en conta que a maior parte delas son deportistas de primeiro ano na categoría. Na proba masculina David Amigo remataba no posto 48º e André González 58º. Na proba xuvenil destacados resultados para Víctor Bouzón, que era 11º e Xian Castro 24º (este último debutante na categoría. Xa por último en categoría absoluta en féminas Katia Senín era 34ª mentres que en categoría masculina Anxo Lema remataba 56º, Juan Cepeda 63º e Nico Villanueva 88º.

Parabéns a tod@s e a seguir progresando

As pistas de atletismo de Lugo eran o escenario da 2ª xornada da Copa Deputación de Lugo. 4 deportistas do Olímpico de Vedra tentaban acadar marcas para o campionato galego de probas combinadas. En Disco cadete 2º posto para Araceli de Roo con 22.17m, sendo tamén primeira da súa serie en 60 metros con 9.08. Pola súa parte, Mariña Cortés era 3ª da serie con 9.48 (MMP) e Lucía freire 4ª da serie con 9.84 (MMP). En 300 metros Diego Liñares 5º da serie con 49.28 (MMP mellorando 2 segundos a súa marca) e Mariña 4ª da súa serie con 51.29 (MMP) e Araceli 5ª da súa serie con 51.90.

Así pois moi boas progresións para @s nos@s atletas. A seguir traballado forte e mellorando!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com