3 podios e 3 clasificados para o campionato galego de Nada e Corre


Alvaro Iglesias, Gabi Quintás e Víctor Bouzón clasifican para o galego, nunha xornada na que os 11 deportistas do club melloraron as súas marcas de natación e seguen mellorando a pe, o que de seguro dará máis clasificados para a final autonómica

Moi bo rendemento hoxe dos nosos triatletas das categorías de base no primeiro Nada e Corre da tempada celebrado en Riveira, onde os 11 integrantes da expedición obtiveron mellor marca na natación e 3 deles lograron o billete para a final autonómica.

Na proba prebenxamín, o noso debutante Álvaro Iglesias non podía ter mellor debút no club, logo de proclamarse campión, ao ser segundo na natación e primeiro na carreira a pé. En categoría benxamín Yeray Valle quedou as portas da clasificación para o campionato galego mentres que Pedro Iglesias foi 14º. Mellora tamén na natación dos nosos 3 alevíns, rematando na xeral Arón Lorenzo 22º, Hugo Cea 26º e Brais Otero 29º.

Na categoría infantil unha gran carreira a pe rematando primeira, permitíalle a Gabi Quintás remontar os segundos cedidos coas primeiras clasificadas na natación ata rematar en segunda posición, facendo boa así a súa mellor marca na natación. Idéntica marca de natación obtivo Andrea Iglesias, que tamén logrou melloran un chisco o tempo da carreira obtendo o 7º posto, o que fai moi viable que se poida clasificar para o galego na próxima cita. Tamén en categoría infantil, pero en masculino, excelentes prestacións de David Amigo, obtendo un dos maiores avances con respecto aos tempos que posuía anteriormente. 11º posto, pero moi cerca en tempos para poder clasificarse para o galego.

En cadete, Víctor Bouzón seguía mellorando a súa natación ata os 4,41 nos 400 o que lle permitía facer unha carreira conservadora (a tarde disputaba o galego de 3000 metros en pista cuberta) e clasificarse como 3º para o campionato galego. Tamén en cadete gran mellora de Xián Castro nos dous segmentos e pese a quedar 15º e que dada a esixencia da categoría vai ter dificil meterse no galego, está a lograr unha gran progresión nesta tempada que de seguro dará froitos moi pronto. 


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com