Gabi Quintás e Carla Pérez podio cadete no campionato comarcal de Cross


Numerosa participación do noso club na primeira xornada clasificatoria do programa Xogade na que presumiblemente o equipo cadete feminino se clasificou para a seguinte fase

Na fría, pero soleada mañá dábase o pistoletazo de saída a tempada de cross escolar na bisbarra de Santiago coa disputa do campionato comarcal no parque Eugenio Granell. Ata alí desplazouse unha nutrida expedición do Olímpico de Vedra e busca de pasar a seguinte fase que terá lugar no mesmo escenario o 20 de xaneiro.

A actuación máis destacada foi a do equipo cadete feminino. Na proba Gabi Quintás e Carla Pérez eran segunda e terceira, pero é que ademais o resto do equipo estivo a gran altura o que fai que presumiblemente á espera de publicación de resultados oficiais por equipos, esten clasificadas para a seguinte fase (clasifican 3 equipos).

No resto das categorías hai que destacar a actuación de todos os rapaces e rapazas do club, que van amosando progresos. Debemos esperar a publicación de resultados oficiais para saber os clasificados para a seguinte fase, pois Miguel Anxo Torres na proba benxamín, Arón Lorenzo en categoría alevín e María Pereira quedaron entre os 10 primeiros, pero por un problema coa publicación dos resultados non sabemos o resultado exacto. Para a seguinte fase clasificaban en cada categoría os 8 primeiros rapaces e as 8 primeiras rapazas, así coma os 3 primeiros equipos de cada sexo.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com