© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

12 representantes do club no triatlón de menores de Sada


Víctor Bouzón gañou a proba cadete mentres os cadetes e infantiles do club seguen a súa posta a punto e os benxamíns continúan a progresar

O pasado domingo baixo unha abafantes ola de calor disputábase a segunda proba do circuíto de menores de triatlón en Sada. Ata a localidade coruñesa desprazouse unha nutrida expedición do Olímpico de Vedra.

Os primeiros en participar eran os cadetes, nunha proba na que Víctor Bouzón gañou con comodidade ultimando a súa preparación para o campionato de España de triatlón por autonomías e na que Carlos Sendiña 14º e Xián Castro 18º, conseguiron o 2º posto na categoría para o noso club. Na proba feminina foi baixa Alba Lorenzo.

Na proba infantil, en categoría masculina David Amigo rematou 26º e André González 32º mentres que na feminina Gabriela Quintás foi 18ª, Carla Pérez 19ª e Andrea Iglesias, pese a un flato rematou 21ª.

Por último os benxamíns completaron a participación con Arón Lorenzo en 18ª posición, Brais Otero en 32º posto, Xandre Pomar 36º e Hugo Cea era descalificado por un despiste co que dou unha volta menos no ciclismo.

Tod@s eles seguen a progresar e en cada proba van collendo maior experiencia. A seguinte parada será en Poio no campionato galego de acuatlón o domingo 2 de xullo.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -