UXÍO ABUÍN 5º NO CAMPIONATO EUROPEO DE TRIATLÓN


Gran actuación do noso deportista internacional o pasado sábado no campionato de Europa rematando moi pretiño do podio.


Este sabado tiña lugar en Kitzbühel o campionato de Europa de triatlón distancia olímpica onde en categoría masculina un dos representantes era o deportista Uxío Abuín que dende esta tempada forma parte do noso club. Uxío era un dos 4 españoles que conformaban a triarmada e acababa nun xenial 5º posto a pouco máis de 10 segundos do podio, que coparon os portugueses Joao Pereira e Joao Silva e o francés Raphael Montoya.

A participación de Uxío, xunto coa do resto da delegación española tivo un papel protagonista, con Chente Hernández 4º, o mencionado 5º posto de Abuín, 6º posto para Fernando Alarza e un moi reseñable 8º posto para o galego Antonio Serrat. En definitiva, pese a non acadar ningún podio unha moi meritoria actuación, que da mostras do gran nivel que vai haber na loita polas prazas para Tokio 2020.

Polo que respecta a Uxío, consegue así confirmar o seu gran estado de forma, tras duas probas anteriores nas que a fortuna lle foi esquiva, e esperemos que pouco a pouco vaia atopando un oco nas series mundiais. A seguinte parada será o campionato de Europa de triatlón distancia sprint, onde esperemos que siga a boa xeira. Pero de momento parabéns por iste grandísimo resultado.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com