@s deportistas do Olímpico obteñen 7 medallas no campionato provincial de atletismo


Subiron ao podio Carla Pérez, Manuela Raviña e Gabriela Quintás por partida dobre, Manuela Raviña, Lucía Castro, Diego Liñares, Iago Lago e o relevo feminino infantil

Moi boas sensación deixaron @s deportistas da nosa escola de atletismo o pasado sábado coa disputa da final provincial do programa Xogade de atletismo en pista, para as categorías benxamín, alevín e infantil. Na proba celebrada en A Pobra do Caramiñal as promesas do club obtiveron moitas marcas persoais e un bo número de metais.

A actuación máis destacada foi a de Carla Pérez que se impuxo con autoridade nos 500 metros lisos, mellorando a súa marca persoal, cun tempo de 1 minuto e 24 segundos. Carla tamén se proclamaba subcampioa nos 80 metros lisos. Salientable tamén a actuación do equipo de relevos infantil fomado por Noela Baltasar, Manuela Raviña, Andrea Torres e Gabriela Quintás que se colgaban a medalla de ouro batindo o seu anterior marca. Gabi tamén tamén obtiña o bronce nos 1000 metros e Manuela nos 150 metros lisos obtendo marca persoal. Ademais obtiñanse tres novos bronces para o club en lanzamento de disco infantil, con Diego Liñares na categoría masculina e Lucía Castro na feminina e na proba de 1 qm marcha benxamín, onde o medallista era Iago Lago.

Pero ademais, pese a non ter medalla, houbo outras moitas actuacións destacadas. En infantil Noela Baltasar rozaba o podio co 4º posto nos 3 qm marcha, Asier Cabo era 7º tanto en salto de lonxitude como en triple salto, Andrea Torres remataba 8ª en lanzamento de xavelina e Carlota Cea 11ª en lanzamento de disco. En alevín Frans de Roo e Alberto Guiance remataban 4º e 5º nos 2 qm marcha, Xosé Raviña 5º no salto de lonxitude, Arón Lorenzo 7º nos 200 metros e o relevo composto por Brais Otero, Hugo Cea, Arón Lorenzo e Xandre Pomar era 5º. En benxamín, Samuel Cortés obtiña o 6º posto en lanzamento de peso e o posto 9° en lanzamento de pelota, mentres tamén en peso Iago Lago era 9º, en 1 qm marcha Edu Rendo remataba 5º e Miguel Anxo Torres ocupaba o 11º posto nos 1000 metros lisos.

Esta proba constituía a última fase do programa Xogade de deporte en idade escolar e en cada unha das probas soamente tomaban parte as 16 mellores marcas da provincia da Coruña, de ahí que o feito de ter xa unha expedición tan numerosa fora un rotundo éxito.

Parabéns a tod@s!!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com