Miguel Daporta campión de Europa de duatlón no grupo de 40 a 44 anos


O noso incombustible deportista logra o título europeo en grupos de idade, completando así tódolos escalóns do podio logo de ser prata en triatlón en 2011 e bronce en duatlón en 2016


Extraordinario colofón a tempada de duatlón o posto polo noso veterán deportista, que logrou a medalla de ouro no campionato de Europa na distancia standard celebrado este domingo en Soria, no grupo de 40 a 44 anos.

Miguel tomaba a saída no campionato de Europa de grupos de idade (quede claro que non é o campionato de Europa elite) na distancia standard (10 quilómetros de carreira, 40 quilómetros de bicicleta e novamente 5 quilómetros de carreira). Na proba, aínda que non é elite, deronse cita destacados deportistas de diversos países. Un dos que máis guerra lle dou foi Jaime Menéndez de Luarca, 5 veces fínisher en Hawaii, que logo dun primeiro 10.000 en gran parte do ciclismo en cabeza, lle daba caza a Miguel no último xiro do sector ciclista, que se disputou baixo unhas durísimas condicións de vento e frio. Non obstante Miguel, que non podía ir a roda pois a modalidade standard desenvólvese baixo a modalidade non drafting (prohibido ir a roda) soubo manter a distancia e chegar moi pretiño del a segunda transición, para sentenciar xa a carreira dende os primeiros metros do último segmento e acadar o título de campión de Europa no seu grupo de idade.

Este é o terceiro podio continental para o noso deportista, logo da medalla de prata lograda no campionato de Europa de triatlón sprint no grupo de 30 a 34 anos en 2011 en Pontevedra e o bronce no campionato de España de duatlón en 2016 en Alcobendas, agora conquista o metal dourado que lle faltaba. Sen chegar a ser elite, o curriculo deportivo de Miguel, que empezou tarde neste deporte é moi dilatado, pois en grupos de idade proclamouse campión de España co noso club tanto en duatlón como en triatlón, atesourando algún podio máis. Ademais, en categoría elite estivo entre os anos 2012 e 2016 ininterrrumpidamente no top-10 no campionato galego de duatlón, estando a piques de acadar podio no ano 2015 onde rematou na 4ª posición. Máis aló de todos os méritos deportivos, que son moitos, Miguel é un exemplo na transmisión de valores deportivos, un espello no que deben mirarse os máis pequenos e para o noso club é un privilexio enorme seguir contanto con el ano tras ano.

Parabéns!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com