Boas marcas na 2ª xornada de atletismo en pista d@s nos@s benxamíns e alevíns


@s deportistas mais miud@s do club non deixaron pasar a segunda oportunidade para acadar un importantes número de marcas persoais que de seguro farán que teñamos unha ampla representación no campionato provincial


Este sábado 29 de abril disputábase nas pistas de atletismo do estadio da Alta en Cabío, non concello coruñés da Pobra do Caramiñal, a segunda das xornadas clasificatorias de atletismo en pista, na que estivo presente unha ampla representación de deportistas do noso club, que acadaron un importante número de marcas persoais que a espera de coñecer os resultados das outras fases clasificatorias na provincia, de seguro lle dará a clasificación a moitos deles para o campionato provincial.

En categoría benxamín Samuel Cortés realizou un gran concurso en Pelota, cun lanzamento de 15,50 e peso, onde lanzou 6,30, tamén participou nos mesmos concursos Xián Nogueiras con marcas de 11,85 e 5,00 respectivamente o que constitúen marcas persoais. Na proba de 1 qm marcha Iago Lago rematou en 7 minutos 29 segundos, proba que Eduardo Rendo tardou soamente 2 segundos máis en completar, os dous con marca persoal. O propio Edu fixo tamén marca pesoal en lanzamento de peso. Para rematar a participación benxamín Miguel Anxo Torres acadou tamén a súa mellor marca en salto de lonxitude.

En categoría alevín Xosé Raviña, con 3,42 tamén facía a súa mellor marca en lonxitude, Alex Cabo facía o propio en xavelina, Arón Lorenzo en 1000 metros lisos e María Pereira en 500 e lonxitude. Xa por último, o relevo conformado por Brais Otero, Xandre Pomar, Hugo Cea e Arón Lorenzo acadaba o 3º posto no 4x60.

Agora queda esperar a que saia a lista definitiva de clasificados para coñecer cantos estarán presentes o 20 de maio en Ferrol, no campionato provincial que poñerá fin ao programa Xogade 2017.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com