5 deportistas do club na V Carreira Pedestre Concello de Oroso


Susana Nieto 2ª senior e Jacobo Crego 3º veterán na proba celebrada o pasado sábado en Sigüeiro, onde tamén participaron Fernando Fernández e Javier Liste e Sergio Oliveira

O pasado sábado disputábase no concello de Oroso a quinta edición da súa carreira popular. Entre os participantes estaban 4 deportistas do noso club que tiñan que completar un recorrido de 10 qm.

En categoría feminina Susana Nieto quedaba en, 2ª posición na categoría senior, logo de completar a proba en 48 minutos e 7 segundos. Na categoría masculina, Jacobo Crego remataba e 7ª posición da xeral, sendo ademais 2º na categoría veterán logo de completar a proba en 34 minutos e 34 segundos. Fernando Fernández era 15º logo de completar a proba en 36' 50" entrando case da man con Sergio Oliveira, esta vez defendendo as cores do seu equipo de atletismo, o Sar Vermú Petroni. Javier Liste completaba a proba na posición 54ª, cun tempo de 51' 37".


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com