O Olímpico de Vedra deixouse ver no duatlón Eleuterio Balayo de Muros


A pesar de coincidir co campionato de España, 7 deportistas estiveron presentes na cita realizando unha actuación destacada.


O sábado 22 disputábase en Muros o duatlón Eleuterio Balayo. A pesar de coincidir coa proba do campionato de España en Avilés, o Olímpico de Vedra estivo moi ben representado con 7 deportistas na liña de saída. Ademais, os deportistas deixaron unhas moi boas sensacións ocupando Julio Mallo o 10º posto, Fernando Fernández o 13º, Jorge Ferradáns o 15º, Adrián Picallo o 20º, Xurxo Carballo o 24º, Antón Barreiro o 37º e Javier Liste o 90º.

Con esta proba dase xa por rematada a nivel autonómico a tempada absoluta de duatlón, a espera xa soamente da disputa do campionato galego en idade escolar o vindeiro 13 de maio, que porá fin á modalidade en 2016. Esta é a segunda edición do duatlón "Eleuterio Balayo" que o ano pasado tiveran no podio a Manu Dosil e Tania Garabatos, deportistas que nesta edición non puideron acudir por estar desplazados en Asturias co equipo. Na mesma colaboran varios dos nosos deportistas residentes no municipio coruñés (mención especial para David Pastoriza) e por segundo ano resultou ser un gran éxito de participación e organización, motivo polo que dende o noso club, os queremos felicitar xunto aos nosos deportistas que tomaron parte na mesma.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com