Grandísimos resultados d@s nos@s infantís na 1ª xornada de atletismo


Moitos primeiros postos e marcas persoais, que de seguro van dar o pase ao campionato provincial na primeira xornada do programa Xogade disputada onte domingo en Ribeira


Na mañá de onte domingo disputábase nas pistas de atletismo de A Fieiteira (Ribeira) a primeira xornada clasificatoria infantil de atletismo en pista do programa en idade escolar "Xogade". A ela desprazouse un nutrido grupo de deportistas do club con intención de clasificarse para o campionato provincial que terá lugar o 20 de maio, proba para a que se clasificarán as mellores marcas de cada especialidade, cuestión esta que dado o gran número de marcas persoais e bos postos acadados a bo seguro que se acadou. Aínda haberá outra segunda oportunidade o 6 de abril na Pobra do Caramiñal de poder mellorar as marcas e clasificar para a cita.

Os resultados (a falta de publicación de resultados oficiais) foron os seguintes:

En infantil feminino Noela Baltasar foi primeira nos 3 km marcha; Carla Pérez gañou os 500 metros lisos con marca persoal ademais de acadar marca persoal en 80 metros lisos e salto de lonxitude; Gabriela Quintás tamén venceu nos 1000 metros lisos con marca persoal; Lucía Castro fixo marca persoal en disco e peso; Carlota Cea temén fixo marca persoal en marcha e peso; Andrea Torres obtivo marca persoal en lanzamento de xavelina e Manuela Raviña, pese a non facer marca persoal si fixo un gran salto de 4,05 en lonxitude. Ademais o relevo composto por Noela, Andrea, Manuela e Gabriela fixo primeiro ou segundo dado que a chegado foi moi axustada e precisaría de videofinish

O equipo infantil masculino tamén tivo unha moi boa actuación con marcas persoais de Asier Cabo en triple salto e lonxitude, Diego Liñares en Lonxitude, disco e peso e David Amigo en 1000 metros lisos.

Parabéns a tod@s e a seguir traballando para, se se pode, mellorar aínda máis esas marcas nas seguintes citas.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com