o doble podio no galego de duatlón pon broche a unha gran tempada autonómica


Os equipos absolutos masculino e feminino acadan o bronce facendo pleno de podios autonómicos na tempada de duatlón. A nivel individual enorme: Manu Dosil 6º, Jacobo Crego 11º, César Otero 12º (subcampión junior) e Miguel Daporta 2º veterán

O pasado 9 de abril tiña lugar en Vigo o Campionato Galego de duatlón absoluto ao que accedían os mellores deportistas de Galicia da modalidade, logo de ter obtido praza nos cinco clasificatorios celebrados con anterioridade.

O noso club presentábase na cita como o club con maior número de clasificados disposto a dar loita e pechar unha gran tempada autonómica de duatlón, pese a pelexar con equipos integrados por deportistas internacionais e mesmo doutras nacionalidades. Unha vez máis, @s nos@s deportistas volveron a non defraudarnos, dobre medalla de bronce, tanto en categoría masculina (3º ano consecutivo no podio) como feminina, poñendo broche de ouro a unha tempada de autonómica de duatlón que será dificil volver repetir: equipo masculino campión galego de duatlón contrareloxo e bronce por equipos no campionato galego sprint e equipo feminino bronce no campionato galego de duatlón contrareloxo e bronce no campionato galego de duatlón sprint, facendo así 4 podios de 4 posibles,

O éxito do equipo masculino fraguose nas excepcionais probas realizadas por Manuel Dosil (6º absoluto), soamente superado por deportistas internacionais, Jacobo Crego 11º, e César Otero 12º, que ademais se facía co subcampionato junior, subindo por segundo ano consecutivo o podio logo da prata no galego cadete en 2016. Pero o resto do equipo tamén estivo a gran altura con Miguel Daporta na posición 16ª, estrenandose na categoría veterán co 2º posto na categoría. Tamén boa actuación de Juan Cepeda 29º, Anxo Lema 44º, Sergio Oliveira 47º, Julio Mallo 54º, Víctor Bouzón 64º, Jorge Ferradáns 67º e Adrian Picallo 70º, completando así unha gran actuación do equipo masculino, que puido ser aínda mellor de estar presente Kike Goce e Ismael García Carballo, os dous clasificados para o campionato, pero que non puideron participar por estar recuperándose de sendas lesións.

O bronce do equipo feminino foi aínda se cabe máis inesperado. Un equipo plagado de baixas, está a facer a mellor tempada da nosa historia superando todos os contratempos xurdiron e que non foron poucos. Tania Garabatos coa 13ª posición, Susana Nieto na 25ª e Olivia Rodríguez na 28ª eran as compoñentes que daban a terceira posición ao club, nunha proba na que tamén raiou a boa altura Alba Caamaño (29ª), completando a participación do club Arantxa Tomé 34ª e Tania Suárez 35ª e na que tiña que abandonar por avaría na bici Rita Cabanelas. O equipo masculino puido aínda ter máis representación de competir as clasificadas Katia Senín e Alba Lorenzo, estar presentes Silvia Deira e Bea Lago, as dúas con invitación ou estar recuperadas das súas lesións Aída García e Ángela Chapela. Malia todo outra fantástica medalla que engrosa o noso palmarés.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com