Vedra acolleu o campionato provincial de duatlón escolar o sábado 8 de abril


O 11º duatlón escolar de Vedra acolleu a máis de 160 deportistas que buscaban o pase para o campionato galego. A nivel local bronce cadete para Carlos Sendiña.

A carballeira do Souto de San Fins de Sales era o escenario do 11º duatlón en idade escolar de Vedra, que este ano constituía o campionato provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia e no que lograban o billete para o campionato galego os 2 primeiros equipos de cada categoría e os 8 primeiros clasificados individuais. Na proba estiveron presentes máis dunha decena de clubes de toda a provincia de A Coruña, cunha participación que superou os 160 deportistas.

A nivel local compre destacar o bronce na categoría cadete para Carlos Sendiña. Tamén foi destacado o 4º posto de Xián Castro, os dous integrantes dun equipo que xunto a Vïctor Bouzón e Garikoitz Ruano loitarán por ter un papel relevante no campionato galego que se celebrará o 13 de maio en Tomiño.

Pese a non acadar a clasificación para o campionato galego, estiveron tamén a moi boa altura o resto de integrantes da escola do club. En infantiles homes André González foi 25º e David Amigo 30º, mentres que en féminas Andrea Iglesias foi 14ª. En categoría benxamín Arón Lorenzo foi 12º, Brais Otero 22º e Hugo Cea 30º. Así pois, esta proba constitúe para eles o peche a tempada de duatlón, tendo xa moi preto o inicio da tempada de triatlón onde o obxectivo e seguir avanzando no descubrimento deste deporte.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com