Nutrida expedición do Olímpico no campionato galego de 1000 metros en ruta


Aínda que non se acadaron medallas si que houbo un importante número de marcas persoais, que dan boa mostra dos avances da canteira do club

O pasado sábado disputouse no concello de O Pino o campionato galego de Milla Urbana, e canda el disputouse o campionato galego de 1000 metros lisos en ruta nas categorías escolares.

Dos resultados acadadados polos nosos deportistas destacan o 5º e 6º posto na categoría infantil acadados por Carla Pérez e Gabi Quintás respectivamente. Completaron a actuación nesa categoría Lucía Castro no posto 17º, Manuela Raviña no 20º e Andrea Torres no 24º.

Moi destacado tamén o posto en categoría benxamín de Lorena Pegito, que foi 5ª na xeral facéndose co 1º posto da proba popular. Tamén en benxamín Miguel Anxo Torres era 14º. Xa en alevín Nerea Martínez rematou 7ª (1ª popular), María Pereira 8ª, Sandra Rilo 16ª (2ª popular) e Carla Tato 18ª (3ª popular), mentres que en alevín masculino Xosé Raviña era 20º Completaron a actuación do club en cadetes Iria Ferreiro no posto 14º e Yolanda Mareque 18ª.

A seguinte parada para a escola de atletismo do club será o clasificatorio para o campionato provincial que se celebrará en categoría infantil o vindeiro 23 de abril. Moitos parabéns e a seguir adestrando para mellorar!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com