Histórico na primeira división da liga nacional de clubes de duatlón


As dúas primeiras xornadas da liga serviron para comprobar que vai haber que loitar moito para manter a categoría

O pasado 11 e 12 de marzo disputábanse en Boiro os campionato de España de duatlón contrareloxo e duatlón por relevos, que eran ademais as dúas primeiras xornadas da liga nacional de duatlón. Despois de lograr o ascenso neste 2017 logo da ampliación das divisións de 10 a 15 equipos, sendo xunto co Cidade de lugo Fluvial o único clube galego con representación masculina e feminina, para o noso club esta tempada constitúe un reto con palabra maiusculas.

Deportivamente o fin de semana veu demostrar que o reto de manterse na primeira división vai ser unha tarefa moi complicada, pois son 5 os equipos que descenden, o que quere dicir que para manter a categoría hai que estar entre os 10 mellores clubes do país o remate da liga. Tras as dúas primeiras xornada, o ocupamos a 11ª posición na categoría feminina e a 13ª na masculina. Quedan dúas xornadas máis que en teoría se adaptan mellor as características do Olímpico, pero aínda así vai a estar moi complicada a empresa.

En Boiro tamén participaron os equipos na proba open do campionato de España de contrareloxo, acadando as féminas o 3º posto e o equipo masculino o 6º, dando boa mostra do fondo de armario que posúe o club.

Tamén tiveron representación as categorías menores do club, tanto co equipo masculino como co feminino. No campionato de contrareloxo o equipo masculino logrou a 14ª posición, mentres que o feminino 23º. Xa no campionato por relevos o equipo masculino clasificaba na 19ª posición e o feminino na 31ª. Esta actuación das categorías en idade escolar xunto coas dos equipos absolutos permítenlle ao club non soamente manter o top 20, senón escalar dúas posicións ata situarse no 18º posto do ranking estatal de clubes de triatlón.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com