Meritorio 18º posto no campionato de España de duatlón de media distancia


A notable actuación dos nosos deportistas este domingo en Orihuela, permítelle ao club seguir no top 20 do ranking nacional, pese a perder os puntos que defendía de 2016 o equipo feminino. Mentres en Ribeira, 2 podios e 4 novas compoñentes do club con praza no galego.

O sábado arrancaba para o noso club a tempada a nivel estatal, e facía na cidade valenciana de Orinuela, sede coma en 2016 do campionato de España de duatlón de media distancia. Ata alí desplazábase unha expedición de 5 deportistas do club, con Miguel Daporta en elite, mentres que en grupos de idade competían Julio Mallo, Alfonso López, Fernando Fernández e Javier Liste.

A boa actuación do club fraguouse en parte grazas ao gran rendemento amosado por Miguel Daporta na proba elite, onde acadaba o 47º posto, o que lle permite seguir individualmente entre os primeiros 20 duatletas do ranking estatal de duatlón. Ademais de Miguel tamén tiveron unha gran actuación Julio Mallo rematando 27º no grupo de 35 a 39 anos e Alfonso López 17º, Fernando Fernández 28º e Javier Liste 53º no de 40 a 44. O club acadou unha moi meritoria 18ª posición gracias a esta boa actuación dos nosos deportistas, posición que puido aínda ser mellor se dous deles houbesen competido en elite, co que se habería rondado o 10º posto da xeral por clubes.

En calquera caso valiosos puntos que siguen mantendo ao Olímpico na pelexa por manterse no top 20 estatal, requisito a súa vez de gran relevancia para poder ter unha maior representación nas probas elite dos campionatos de España.

DUATLÓN CONCELLO DE RIBEIRA

A terceira proba clasificatoria para o campionato galego de duatlón de Estrada deixounos dous podios, cos sendos segundos postos acadados por Kike Goce na categoría de veteráns (9º da xeral) e Marcos Dobalo 2º junior. Ademais Katia Senín, Alba Caamaño, Olivia Rodríguez e Rita Cabanelas engrosaban a lista de clasificadas para o campionato galego elevandoa a 8 na categoría feminina. Por equipos non foi o mellor día para o noso club pois en categoría feminina eramos quintos e na masculina sétimos, en ámbalas dúas probas bastante lonxe dos postos de podio. En calquera caso voltou a verse a un importante grupo de deportista do club preto dos postos que dan acceso ao campionato galego tamén na categoría masculina, algo que non nos cabe dúbida que acabará chegando nas probas de Santiago ou Arteixo. De momento son 15 xa os deportistas con praza na máxima cita autonómica.

TROFEO DE ATLETISMO MAZÍ e CARREIRA DA FILLOA

Para completar un domingo competitivo tamén varios deportistas da escola do noso club acudían as pistas de atletismo de Vilagarcía para disputar o trofeo de atletismo Mazí, en búsqueda de mínimas para o campionato galego de atletismo de categorías menores en pista cuberta, que se disputa no mes de marzo. Carla Pérez, Noela Baltasar, Carla Pérez, Alex Cabo e María Pereira acudiron na búsqueda de continuar coa súa posta a punto nas probas de 500 e 60 metros lisos. Previamente, na xornada do sábado Jacobo Crego corría en Lestedo a carreira da Filloa, na que acababa en terceira posición.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com