© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

O Olímpico de Vedra abónase ó podio


Subcampión do XVII duatlón de Lugo con Juan Cepeda como campión veterán e Víctor Bouzón como campión cadete. Jacobo Crego e Alex Parga tamén representaron ao club en Rivas (Madrid) no clasificatorio do campionato de España.

Terceiro fin de semana dende que empezara a tempada de duatlón de estrada e terceira semana consecutiva de podios para o Olímpico de Vedra, que soamente foi superado polo anfitrión, o Cidade de Lugo Fluvial, completando o podio o Triatlón Ferrol.

O subcampionato por equipos debeuse a gran actuación de Juan Cepeda, que rematou sexto na proba absoluta, sendo ademais o primeiro veterán e Víctor Bouzón, que remataba 10º e primeiro cadete, convertíndose así no sétimo home do club con billete para o campionato galego. Gran actuación tamén de David Noya, que cun 24º posto quedouse as portas da clasificación para o galego. Un pouco máis lexos dos postos de clasificación, pero tamén amosandose cada vez máis fortes estiveron Julio Mallo (30º) e Adrian Picallo (42º), mentres qeu na proba sen corte Antón Barreiro, que cada día acredita máis nivel para dar o salto a proba con corte, ocupaba a terceira praza. Na proba feminina soamente estabamos representados por Tania Garabatos, que remataba nunha 12ª posición. Así pois, momento doce para o club con outro podio, que para dar unha idea do potencial do club, foi acadado por 3 integrantes que non estaban no primeiro equipo que se proclamaba campión galego de contrareloxo a fin de semana pasada.

DUATLÓN DE RIVAS - CLASIFICATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

Na cidade madrileña competían dous dos nosos deportistas. Jacobo Crego facíao na proba elite, clasificatoria para o campionato de España, unha competición con enorme nivel, na que pese a non acadar o seu obxectivo, fixo un gran papel, con un excepcional rexistro a pe. Tamén participou na proba open Alex Parga, un dos novos membros do club.

A seguinte parada será o Duatlón de Ribeira, 3ª proba do circuíto galego clasificatoria para o campionato galego, e que será a previa ao primeiro plato forte de competición a nivel nacional: O campionato de España de duatlón contrareloxo por equipos e de relevos, 1ª w 2ª xornada da liga nacional de clubes, que se celebrará en Boiro o 11 e 12 de marzo e onde o noso club competirá, por primeira vez na súa historia, en primeira división.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -