Gabi Quintás e Xián Castro clasifican para o galego de cross


Os dous atletas vendrenses rematan 4ª e 6º respectivamente nun campionato provincial no que tamén tiveron unha destacada actuación a alevín María Pereira, a cadete Iria Ferreiro e a benxamín Lorena Pegito, esta última defendendo as cores nesta ocasión do CPI de Touro


Na mañá do sábado 18 de febreiro disputábase no entorno da praia de Cabío, no concello coruñés de A Pobra o campionato provincial de campo a través en idade escolar "Xogade", para o que habían logrado praza 4 deportistas do noso club, logo de clasificarse no campionato intercomarcal disputado en xaneiro en Santiago de Compostela. O circuíto da proba era de puto campo a través ao tratarse dun recorrido áltamente técnico.

As actuacións máis destadas da xornada protagonizábanas Gabriela Quintás e Xián Castro. A primera remataba a soamente un pasiño do podio, logo de rematar en cuarta posición na proba infantil feminina, que se disputaba sobre unha distancia de 1600 metros, mentres que Xián era exto na proba cadete masculina, disputada sobre 4 quilómetros, logrando así os dous o pase para o campionato autonómico. Os dous disputaron a carreira con enorme intelixencia, manténdose case ata o final da mesma con opcións de podio. Tamén destacada foi a actuación da alevín María Pereira, debutante este ano e que sobre unha distancia de 1200 metros entraba na meta no posto 34º ; a da cadete Iria Ferreiro, que ocupou a 26ª posición logo de completar os 2500 metros da proba cadete feminina, xa na proba benxamín feminina, aínda que esta vez corria co seu centro educativo (CPI Fonte Díaz), corría a nosa federada Lorena Pegito, que cubría a distancia de 700 metros da proba ocupanto a 41ª posición. Tod@s, tanto clasificados como non clasificados, sumaron unha nova experiencia que lles permitirá seguir progresando cara futuras competicións.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com