© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

O cross e o Nada e Corre protagonistas da fin de semana


Numerosa participación do noso equipo en A Baña no campionato galego de cross con moi satisfactoria actuación. Bos resultados tamén en Ribeira a pesar da plaga de baixas

Na xornada de hoxe Domingo disputouse o campionato galego de cross curto e o campionato galego cadete-xuvenil de cross. Nesta intensa xornada como cada ano, acopañando a estes campionatos tamén tivo lugar o Memorial Alejandor Lorenzo das categorías menores.

A proba tivo lugar no concello coruñés de A Baña e a metereoloxía quixo axudar permitindo disputar con normalidade este Campionato Galego, cousa ao cal axudou a boa elección do circuito que ao estar case todo el en lixeira pendente drenou perfectamente permitindo que se disputase en perfectas condicións o que é unha auténtica xornada de Cross. Dende o noso club queremos felicitar a organización polo enorme traballo feito, pois unha competición así non se prepara no mesmo día e as condicións de traballo que tiveron que soportar o venres e o sábado para que todo estivera en perfectas condicións, seguro que foron moi duras. Como organizadores de probas, sabemos o difícil que é sacalas adiante con climatoloxía adversa e é por elo vaian para eles os nosos parabéns.

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Previamente aos campionatos galegos disputouse o Trofeo de Cross Memorial Alejandro Lorenzo de Categorías menores, benxamín, alevín e Infantil no cal tomaron parte atletas do Olímpico de Vedra nas 3 categorías. En categoría Benxamín Femenino, boa carreira de Lorena Pegito Rematando 22ª e afinando a súa preparación para o Provincial de Cross

do día 18 de febreiro. En Alevín Mulleres tamén estiveron a bo nivel as tres atletas do Olímpico: Nerea Martínez (20ª), María Pereira (27ª), tamén preparando o Provincial de cross, e Sandra Rilo (34ª). En Infantil Mulleres outras tres eran as representantes do noso club: Carla Pérez (20ª), Lucía Castro (21ª) e Manuela Raviña (52ª) deixaron tamén boas sensacións sobre o circuíto de A Baña. En Alevín Homes os nosos dous representantes Xosé Raviña e Álex Cabo, rematando (31º) e (33º) respectivamente, tamén completaron unha digna participación. Completaron a boa participación do Olímpico en infantil homes Asier Cabo (33º) e Diego Liñares (42º)

CAMPIONATO GALEGO CADETE-XUVENIL

En Cadete Masculino gran carreira a de Xián Castro con un posto 20º. Dada a duplicidade de campionatos galegos na categoría cadete, Xián aínda terá que participar no campionato provincial da categoría escolar, para tratar de chegar ao campionato galego Xogade.

Paticipou tamén o Cadete Femenino cunha aceptable carreira do noso equipo, na o de menos é o 12º posto por equipos acadado, pois son a maior parte do equipo atletas de primeiro ano na categoría. A nivel individual Yolanda Mareque foi 63ª, Iria Ferreiro 69ª (preparando coma Xián o Campionato Provincial do día 18), Icía Nogueiras 81ª, Mariña Cortés 84ª e Alba García 87ª. Completou a participación do club en categoría xuvenil Carlos Sendiña con un posto 40º.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CROSS CURTO

Na categoría absoluta soamente tivemos dous representantes, acadando na Proba feminina Susana Nieto un notable posto 43ª e na proba masculina Fernando Fernández o posto 110, pero amosandose os dous cada vez mellor na carreira a pé nunha proba e unhas distancias que non son as súas.

NADA E CORRE RIVEIRA

A area deportiva da Fieiteira era o escenario da última proba clasificatoria para o campionato galego. O Olímpico acudía cunha pequena expedición de 5 deportistas, loga de que baixas por enfermidade e ausencias de deportistas que acudiron ao campionato galego de cross cadete-xuvenil.

Na categoría cadete fantástica actuación de Víctor Bouzón que gañaba a proba, aproximándose a súa mellor marca na natación, clasificándose e chegando así en boa situación ao campionato galego do próximo fin se semana. En infantil segue a progresar David Amigo, que acabou no posto 22º, mellorando a súa marca de natación. Reseñable tamén a actuación dos benxamíns Arón Lorenzo (10º) a un pasiño de clasificarse para o campionato galego, Brais Otero (13º) e Xandre Pomar (16º). Todos eles seguen a mellorar e é do que se trata nestas idades.

A todos, dende os máis pequenos ata os máis maiores, parabéns por as vosas actuacións esta fin de semana.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -