Moitas frontes deportivas este domingo para o noso club


O Nada e Corre de Ourense, o cross en Rivadavia, a carreira de San Brais en Pontevedra e a do cocido en Lalín, o trail da Cidá en Ribeira e o duatlón cross de Candeán foron probas con representación do Olímpico de Vedra

Moita actividade competitiva en diversas frontes para o noso club esta fin de semana con competicións por toda a xeografía galega.

En Rivadavia tiña lugar o campionato galego de cross, onde soamente estaba presente Marcos Dobalo, despois de que un catarro lle impedira a Cesar Otero ser da partida. Marcos rematou en 24ª posición no que é o seu primeiro ano na categoría Junior. Tamén en Rivadavia defendendo as cores do seu equipo de atletismo corría a proba absoluta o noso duatleta Kike Goce.

Tamén en Ourense, pero na cidade, tiña lugar o segundo clasificatorio de Nada e Corre, a onde viaxaba unha expedición do club con 2 cadetes, 5 infantles e 3 benxamíns. Na proba cadete Xián Castro ocupaba a 17ª posición na categoría masculina, mentres que na feminina era 7ª Alba Lorenzo, resultado que non está nada mal ao ser os dous debutantes na modalidade. Na categoría infantil feminina Gabriela Quintás era 9ª e Andrea Iglesias 11ª, amosando as dúas unha gran evolución. En infantil masculino André Alonso era 20º, David Amigo 21º e Mingos Pose 24º, no que non foi un gran día para ningún dos tres. Xa na proba benxamín Arón Lorenzo era 10º, Brais Otero 15º e Xandre Pomar 17º, seguindo os tres en progresión.

En Pontevedra diputábase a carreira de San Brais, onde participaban 4 deportistas do club. Miguel Daporta remataba 4º absoluto e 3º en veteráns, mentres que Jacobo Crego era 2º senior e 12º na xeral, subindo os dous ao podio. En categoría feminina Susana Nieto remataba en 7ª posición, mentres que Mónica Vélez era 2ª veterana.

Tamén na provincia de Pontevedra, pero en Lalín, tiña lugar a carrera do cocido, onde había presenza de 7 "olímpic@s". En categorías menores as nosas representantes estiveron fantásticas: Nerea Martínez gañaba a carreira alevín, proba na que Carla Tato e Sandra Rilo remataban 4ª e 5ª respectivamente. Na proba benxamín Lorena Pegito era 4ª. Xa na proba absoluta moi boas prestacións para os nosos deportistas con Fernando Fernández 15º, Julio Mallo 19º e Jorge Ferradáns 38º.

E para abadoar a provincia de Pontevedra a última das citas era no duatlón cross de Candean, proba do circuíto galego onde o noso duatleta Alfonso López remataba na 28ª posición.

Por último, para rematar que nos saibamos as actuacións dos nosos deportistas esta fin de semana, porque son tantos que xa se fai complicado seguilas, Antón Barreiro disputaba en Ribeira o Trail da Cidá, dentro das series de trail do Barbanza, rematando na 20ª posición.

De aquí para adiante todos os fins de semana teñen traza de ser así. Achéganse citas importantes na tempada e non nos cabe dúbida de que @s nos@s deportistas amosarán a súa mellor versión. Ánimo para seguir adestrando!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com