© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

3 citas competitivas para as promesas do Olímpico esta fin de semana


O sábado terá lugar o campionato galego cadete de pista cuberta e o domingo será o turno para o campionato galego de cross junior e para o nada e corre de Ourense

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA


O Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña) acollerá mañá o campionato galego cadete de atletismo en pista cuberta. Nel estarán presentes despois de acceder por mínimas, 3 dos nosos deportistas. Araceli de Roo competirá por partida dobre en lanzamento de peso e 50 metros lisos. Lucía Freire tamén estará presente na proba de peso, mentres que Xian Castro competirá nos 600 metros lisos.

CAMPIONATO GALEGO JUNIOR DE CROSS


O domingo pola mañá a localidade Ourensana de Rivadavia será a sede do campionato galego de cross longo e do campionato galego de cross junior. Neste último participarán os nosos dous junior Marcos Dobalo e Cesar Otero.

A proba junior desenvolverase sobre un circuíto de 7100 metros de puro campo a través, sobre todo despois das choivas caídas nos últimos días.

NADA E CORRE OURENSE

Tamén na maña do domingo a piscina e as pistas de atletismo das Lagoas, serán o escenario do 2º clasificatorio para o campionato galego de Nada e Corre. Á proba acuden 11 deportistas das categorías benxamín, infantil e cadete do club.

Moita sorte a tod@s


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -