© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Manuel Dosil 5º Na Sin Son e numerosos podios na pedestre de Touro


Impresionante carreira do integrante da nosa sección de tríatlon na Sin Son e moi boas actuacións das categorías menores na popular de Touro, probas aproveitadas xunto co Cross de Ordes, por moitos dos deportistas do club para seguir coa súa posta a punto

A pasada fin de semana celebráronse diversas probas con participación dos nosos deportistas as que moitos dos nosos deportistas acudiron para seguir coa súa posta a punto nesta nova tempada. A actuación colosal protagonizouna Manuel Dosil, que na popular Sin Son celebrada o pasado domingo, acadaba o 5º posto, superado soamente por figuras de enorme nivel da talla de Lolo Penas ou Pedro Nimo. Tamén nesta proba tomaron parte Jacobo Crego, nunha fantástica 34ª posición, Julio Mallo (116), Susana Nieto (76ª fémina) e Alba Caamaño (99), todos eles seguindo a sumar quilómetros de entrenos, pero xa deixando ver que cada vez están a maior nivel o que fai afrontar a tempada 2017 con enorme ilusión. Tamén o domingo celebrábase o cross de Ordes, onde participou Xosé Antón Barreiro, cun moi meritorio 14º posto.

O sábado tamén se disputou a Carreira Pedestre do concello de Touro, onde moitos dos nosos cativos decidiron participar, con moi salientables resultados. Garikoiz Ruano e Alba Lorenzo eran primeiro xuvenil masculino e feminino respectivamente, Nerea Martínez proclamábase campióa alevín, mentres que Lorena Pegito gañaba a proba benxamín feminina e Arón Lorenzo quedaba na segunda posición alevín masculina e completaba a actuación Sandra Rilo, na 7ª posición alevín feminina.

Así pois, todo marcha en progresión cara as vindeiras probas que se aveciñan ao pasar o Nadal e onde empezará a amosarse o traballo feito nestas semanas de pretempada.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -