© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Arranca o campo a través


Mais de 40 atletas das categorías menores tomarán parte no Campionato Comarcal de Campo a través


A Alameda Compostelana será na mañá de mañá sábado o lugar onde se dea o pistoletazo de saída a tempada 2016-2017 de campo a través. As escolas do club, tanto nas modalidades de atletismo como triatlón, acuden a esta cita cunha numerosísima expedición de máis de 40 deportistas.

As probas darán comezo as 11 da mañá pola categoría benxamín, para posteriormente dar paso a alevíns, infantiles e cadetes. O Paseo dos Leóns será onde estea situada a saída e a meta de tódalas probas. Esta primera xornada clasificatoria do campo a través escolar, está enmarcada dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, e nel clasificaranse para a seguinte fase, a Intercomarcal, que voltará a disputarse no mesmo escenario no mes de xaneiro de 2017, os 8 primeiros/as clasificados/as individuais e os 3 primeiros equipos de cada categoría.

Moita sorte a tod@s


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -