Máis de 200 atletas na 12ª Carreira Popular de Vedra


Este domingo disputouse a 12ª edición da Popular de Vedra con grandes actuacións d@s atletas "olímpic@s"

CLASIFICACIÓNS

Como ven sendo habitual nos últimos anos o último domingo de novembro celebrouse a carreira popular de Vedra, coa participación de máis de douscentos deportistas. A gran climatoloxía reinante durante toda a mañá fixo que para a organización fora moito máis fácil levar adiante a proba con éxito.

A proba absoluta, sobre unha distancia de 7600 metros, foi gañada por José Canda, mentres que o noso Manuel Dosil era segundo e Nemesio López terceiro. Na proba feminina o primeiro posto era para Lucía Requeijo, a plata Para Vanesa Insaurralde e o bronce para María Dolores Munín.

A nivel do club, ademais do subcampionato absoluto de Manu Dosil, compre salientar a toma de contacto de moitas das novas incorporacións do club, xunto cos avances da canteira. No capítulo de novas incorporacións, Juan Cepeda era o primeiro clasificado veterán (ademais de 6º na proba absoluta), Susana Nieto e Alba Caamaño, eran a primeira e a segunda senior e Adrian Picallo era o segundo clasificado sub23. Polo que respecta as promesas do club, Cesar Otero gañaba a categoría junior (7º na xeral) e Marcos Dobalo era segundo, cerrando así a presenza no podium da carreira absoluta dos representantes do noso club.

Nas categorías de base na proba xuvenil cadete (3000 metros) Víctor Bouzón e Carlos Sendiña facían primeiro e terceiro respectivamente na proba xuvenil masculina, mentres que Alba Lorenzo era segunda na proba xuvenil feminina. Na proba cadete, segundo posto masculino para Xián Castro e plata e bronce na feminina para Yoli Mareque e Icia Nogueiras respectivamente.

Na carreira alevín-infantil (2000 metros) tiñan lugar dous tripletes do Olímpico nas probas femininas. En infantil Gabi Quintás era primeira, Carla Pérez segunda e Andrea Torres terceira e en alevín Nerea Martinez gañaba a proba, con María Pereira segunda e Sandra Rilo terceira. En canto aos homes, 3º posto para Arón González na proba alevín.

Iso foi todo en canto aos postos de podio, pero observaronse moitos avances, como mostra do traballo que día a día, fai medrar a nosa canteira como preludio e garantía de que se aveciñan moitos novos éxitos para o noso club.

Polo demais, a nivel organizativo hai que agradecer a colaboración desinteresada dun bo número de voluntarios, que estiveron presentes axudando durante o día da proba e os días previos, e tamén dos patrocinadores, que fan que o club siga a medrar ano tras ano.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com