8 representantes do Olímpico no campionato galego de marcha de inverno


Este sábado dispútase o primeiro campionato galego da tempada 2016-2017. Será nas pistas de atletismo do estadio da Alta na Pobra do Caramiñal, sede do campionato galego de inverno de marcha en pista.

8 serán os representantes do club na proba, que se desprazan ata a Pobra con moita ilusión por facer un bo papel no campionato. Frans de Roo será o único representante na proba dos 2 quilómetros alevín. Na proba infantil Noela Baltasar e Tareixa Pose defenderán as cores do Olímpico sobre a distancia de 3 quilómetros. Xa na categoría cadete, e tamén sobre a distancia de 3 quilómetros competirán Alba García, Icía Nogueiras, Iria Ferreiro, Lúa Parra e Sara Martínez.

Con estes 8 representantes, o Olímpico de Vedra tomará parte no citado campionato sendo unha das formaciòns máis numerosas e con vari@s atletas con opciòns de pelexar polos primeiros títulos autonòmicos da tempada 2016-17.

Moita sorte a tod@s!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com