Intensa participación e bos resultados nas últimas semanas


Podio por equipos no Aviamán, clasificados para o campionato galego, actividade das escolas e un sinfín de participacións nestas semanas

Estas últimas semana houbo intensa actividade competitiva do club con moitos resultados salientables. O 12 de xuño disputouse o tríatlon de media distancia Aviamán, onde participaron cinco compoñentes do club acadando a terceira posición por equipos. A título individual Jacobo Crego acadou unha salientable 8ª posición, Sergio Oliveira era 13º, Pablo Cabanelas 32º, Diego Carrillo 59º e Antón Barreiro 68º.

Tamén o domingo 12 de xuño disputouse en Sada a primeira proba do circuíto de tríatlon de menores. Alí participou unha numerosa expedición da escola de tríatlon do club que obtiveron os seguintes resultados: en categoría cadete masculina Víctor Bouzón era 9º, Cesar Otero 11º, Marcos Dobalo 16º e Carlos Sendiña 18º. Na categoría infantil feminina Alba Muñiz era 12ª e Noelia Seijas 16ª e en infantil masculino André González 44º. En alevín masculino David Muñíz era 27º e Domingos Pose 33º e había que lamentar a caída de André Cerdeira que tiña que abandonar. E na proba benxamín Brais Otero era 25º e Mario Tizón 30º.

Nas vésperas disputarase o tríatlon de Negreira, onde en categoría feminina Katia Senín era 7ª da xeral e 2º sub23, e na masculina Isma Carballo era 11º, Xurxo Carballo 39º, Julio Mallo 48º e David Pastoriza 79º.

Tamén o sábado 11 disputouse o trofeo de atletismo en Pista da Universidade de Santiago coa participación de Xián Castro, 8º en 600 metros lisos e 5º en 300 vallas e nos 100 metros lisos, e Alba García co 4º posto nos 5 quilómetros marcha.

A fin de semana do 18 de xuño disputouse a carreira de A SIlva, onde Jacobo Crego rematou 4º absoluto e gañou a categoría senior e tamén se disputou o tríatlon popular de Cambados con grandes postos en categoría feminina, con Aída García campioa e Angela Chapela terceira e tamén destacada participación de Miguel Daporta co 5º posto absoluto masculino.

O sábado 25 de xuño tiña lugar o Northwesttriman, onde participaban na proba de distancia medio ironman varios deportistas do club. A clasificación dos mesmos foi; Jacobo Crego 11º, Isma Carballo 75º, Alfonso López 77º, Diego Carrillo 143 e Antón Barreiro 177º.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com