© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Frans de Roo e Nerea Martínez subcampións galegos


Frans obtivo a prata en 2 quilómetros marcha alevín mentres que Nerea acadouna nos 50 metros benxamín, nunha xornada de moitas marcas persoais e outras moitas actuacións destacadas.

Hoxe disputábase no Barco de Valdeorras o campionato galego das categorías benxamín, alevín e infantil co que a sección de atletismo pon colofón a unha nova tempada. O balance é moi positivo, pois nunha tempada na que a maior parte dos nosos atletas coincidían en primeiro ano na categoría, lograron acadarse moi bos resultados.

Os dous podios acadáronos Frans de Roo, que se fixo coa prata na proba dos 2 quilómetros marcha alevín, batindo a súa marca persoal e parando o crono en 11:30 e a recén chegada ao club Nerea Martínez, que conquistou o subcampionato galego nos 50 metros lisos benxamín, cun tempo de 8,52 e rozou o podio en salto de lonxitude, onde con un salto de 3,10, se fixo co 4º posto.

Pero houbo outras moitas actuacións destacadas:

Gran actuación para Araceli de Roo que se quedaba a so un peldaño do podio en lanzamento de peso e lanzamento de disco infantil, en peso cun lanzamento de 8,36 e en disco cun de 21,72.

A infantil Manuela Raviña tiña unha actuación destacada o acadar o 6º posto en 150 metros infantil con 21:45 e o 10º en salto de lonxitude, con 3,99.

Na mesma categoría notable actuación tamén para Carla Pérez co 7º posto en 500 metros lisos, con marca persoal e un tempo de 1,31 e que completaba a súa actuación cun 11º posto en 80 metros lisos e para Icía Nogueiras que con 19,16 en 3 km marcha tamén facía marca persoal e remataba en 7ª posición, mentres que Dous décimos postos obtiñaos Lucía Freire, en peso e martelo infantil, cuns lanzamentos de 6,74 e 15,53 respectivamente.

Samuel Cortés ocupaba o 8º posto benxamín en lanzamento de pelota, sendo o segundo entre os lanzadores de primeiro ano, cun lanzamento de 21,30 que constitúe a súa marca persoal e completaban a actuación do club Álex Cabo en lonxitude benxamín, onde acadaba o posto 11º con 3,07 (marca persoal), Tareixa Pose que era 11ª en 2 quilómetros marcha alevín con 14:21, Andrea Torres co posto 12º con 12:59 en 3000 metros infantil, Iria Ferreiro co posto 12º con 20:35 en 3 qm marcha infantil (marca persoal), Diego Liñares 14º en disco infantil con 16.73 (marca persoal) e Xosé Raviña que ocupou o posto 15º en salto de lonxitude alevín, onde fixo marca persoal cun salto de 3,39.

Así pois, moi satisfactoria a actuación de tod@s @s nos@s cativ@s que se amosaron moi competitivos e seguen a mellorar día a día. Agora queda unha semana de adestramentos e despois tocará disfrutar dunhas moi merecidas vacacións. Parabéns a tod@s!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -