Anxo Lema campión galego, 3 olímpicos no mundial de dúatlon e 7 nos galegos de atletismo cadete e tr


En Avilés no mundial e en Baiona, Vigo e Ferrol nos 3 campionatos galegos notable participación dos representantes vedreses

Fin de semana con varias frontes deportivas para os deportistas do Olímpico de Vedra como ven sendo costume última mente. Ademáis de Ferrol, que acolleu o campionato galego cadete de atletismo mencionado no anterior post, Vigo e Baiona foron as sedes dos campionatos galegos, e Avilés foi a sede de mundial de dúatlon.

CAMPIONATO DO MUNDO DE DÚATLON EN AVILÉS

O domingo dispútabase na cidade asturiana o campionato do mundo de dúatlon nas categorías de grupos de idade. O Olímpico de Vedra tiña defendendo as cores da selección española a 3 representantes nesta proba. En distancia standard (10 quilómetros correndo, 40 en bicicleta e 5 correndo) competía Miguel Daporta, que soamente podía facerse co 30º posto no grupo de 35 a 39 anos logo de sufrir un pinchazo na bici e facer 10 quilómetros en llanta. Na proba sprint (5 quilómetros de carreira, 20 de ciclismo e 5 de carreira) notable actuación para Jacobo Crego, que ocupaba o 14º posto de 42 deportistas no grupo de 30 a 34 anos. Na mesma distancia no grupo de 20 a 24 anos feminino competíu tamén Tania Suárez acadando 0 15º posto.

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

En Vigo, Anxo Lema competía no proba promesa de 5000 metros lisos do campionato galego de atletismo, obtendo a medalla de ouro. Deste xeito, e con un tempo de 16 minutos e 34 segundos, Anxo acada a súa sétima medalla nun campionato galego, nunha colección que inclúe probas en pista, duatlóns e tríatlons no que é ademais o seu enésimo podio autonómico.

CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLON OLÍMPICO SEN DRAFTING

En Baiona disputouse o campionato galego de triatlón distancia olímpica (1500 metros nadando, 40 quilómetros en bicicleta e 10 quilómetros de carreira) baixo a modalidade de non drafting, prohibido ir a roda. Moi satisfactoria a actuación de Manu Dosil, que vai facendo cada vez máis competitiva a súa natación e rematou no posto 9º da xeral. Tamén moi notable a participación de Sergio Oliveira, acadando 0n 18º posto, completando a participación do olímpico Xurxo Carballo no posto 93 e Alfonso López na posición 164.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com