9 marchadores das escolas do club no Gran Premio Cantones


O tradicional trofeo de marcha atlética internacional Josefina Romero dispútase este sábado no Paseo das Cantóns de A Coruña


Un total de 9 marchadores e marchadoras do club disputarán mañá sábado en A Coruña o Trofeo Josefina Romero-Gran Premio Cantones de Marcha de A Coruña . Na proba participarán en categoría alevín, sobre a distancia de 2 quilómetros, Tareixa Pose e Frans de Roo e en categoría infantil, sobre un circuíto de 3000 metros Noela Baltasar, Icía Nogueiras, Iria Ferreiro, Sara Martínez, Lúa Parra, Carlota Cea e en cadete, sobre a mesma distancia que as infantiles, Alba García.

O evento e válido para o circuíto galego de marcha atlética e aproveitase como preparación para os próximos campionatos galegos de cada categoría. Unha vez disputadas as probas de base, terá lugar a Proba Gran Premio Cantones, competición do Circuito Mundial de Marcha, na que atletas de todo o mundo de primeiro nivel tentarán acadar o pasaporte para a disputa dos Xogos Olímpicos de Río 2016, asegurando un altísimo nivel e por tanto de gran calidade formativa para as categorías de menores que poidan presenciala. Moita sorte a tod@s e a seguir aprendendo!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com