© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bronce autonómico para o equipo infantil feminino de dúatlon


Excepcional 4º posto para Xian Castro que rozou o podio e gran actuación tamén de Gabriela Quintás 7ª alevín feminina.


Onte disputouse o campionato galego de dúatlon en idades escolar na localidade de Mondoñedo. A mellor actuación individual protagonizouna Xian Castro, que no ano do seu debut en duatlón acadou a 4ª posición acariñando o podio. Excepcional así pois o rendemento de Xian. Tamén a moi bo nivel estivo Gabriela Quintás, que acadou o 7º posto tamén no seu primeiro ano na disciplina. A nivel colectivo, é pese a non realizar unha moi boa proba a nivel individual, Alba Muñiz, Noelia Seijas e Yolanda Mareque facíanse co bronce autonómico por equipos.

Finalmente non puido celebrarse a proba cadete por ausencia de luz, pois ao ser 8 probas e ter unha interrupción xustificada polo traslado en ambulancia dunha cativa ao hospital, a que lle desexamos unha moi pronta recuperación, botouse a noite encima. Realmente foi para nós un alivio.

Ao xuízo do noso club esta proba nunca debeu celebrarse non pola voluntariosa organización, nin por ausencia de medios, que nós consideramos máis que suficientes, senón porque o circuíto ciclista non reunía nin un mínimo de seguridade para os cativos, e coa seguridade dos mesmos non se debe xogar nunca. É inadmisible meter en ciclismo a 40 cativos nunha estrada de 3 metros de ancho, con doblados, con curvas de 150º en ida e volta e con barrancos, varandas e postes a ambos lados. Tras unha primeira reflexión in situ, na que nos plantexamos non participar na proba, decidimos competir, deixandolle moi claro aos nosos deportistas que non asumiran riscos na bicicleta aínda que coa desconfianza de que iso fora así, pois a competición é sempre a competición. Nos vindeiros días trasladaremos oficialmente as queixas a federación ante algo que consideramos non se pode voltar a repetir.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -