Boas marcas d@s nos@s infantiles na 2ª xornada clasificatoria para o provincial


destacada actuación con posicións de podio para Araceli de Roo, Manuela Raviña e Iria Ferreiro e moitos deportistas con mellor marca persoal


Onte tamén se disputaba a segunda xornada clasificatoria para o campionato provincial de atletismo, onde o Olímpico de Vedra acudeu cunha numerosa representación. A espera de que saían a lista definitiva para o campionato que se disputará o 21 de maio en Riveira, a actuación fai preveer que nel estará un importante número de deportistas do noso club.

Aínda que é dificil destacar todos os resultados e pedindo disculpas por se se nos escapa algún, compre salientar o primeiro posto de Araceli de Roo en lanzamento de disco cun lanzamento de 23,99 o que constitúe novamente a súa mellor marca persoal dunha deportista que está competición tras competición evolucionando nos seus lanzamentos e que chega nun gran momento a parte definitiva da tempada. Tamén moi boa actuación de Manuela Raviña, que na súa primeira tempada no club acadou un 3º posto en lonxitude cunha fantástica marca de 3,70 o que é tamén marca persoal. Completou as posicións de podio Iria ferreiro, 2ª en 3 km marcha cun tempo de 21 minútos. Ademais estiveron a gran altura acariñando o podio na cuarta posición Diego Liñares en lanzamento de disco; Sara Martínez en salto de altura, Carla Pérez en 500 metros lisos e Lucía Freire en lanzamento de martelo.

A tod@s @s que participaron onte na proba noraboa e moitos ánimos nos adestramentos para afrontar a parte definitiva da tempada coas disputas dos campionatos provinciais e campionatos autonómicos de atletismo en pista.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com