© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Boas marcas dos nosos pequenos no segundo clasificatorio benxamín-alevín


10 pequenos deportistas da nosa canteira estiveron presentes o pasado sábado no segundo clasificatorio disputado na Pobra do Caramiñal


O pasado sábado disputábase nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal o segundo clasificatorio de atletismo en pista escolar nas categorías benxamin e alevín.

destacaron as actuacións de Frans de Roo, 1º en 60 metros lisos alevín con 9"44 e 2º en 2 quilómetros marcha con un tempo de 13:32, facendo en ambas probas mellor marca personal, Tareixa Pose 5ª tamén en marcha alevín con 14:22. Tamén de mencionar a actuación dos benxamíns Xosé Raviña cun salto de 3,12 en lonxitude, Alex Cabo que foi 8º en lanzamento de peloto e 9º, xunto con Arón Lorenzo 10º en 500 metros lisos, proba na que tamen competiron con Hugo Cea, Brais Otero e Xandre Pomar. Samuel Cortés foi 12º en lanzamento de pelota proba na que tamén participou Xián Nogueiras. En peso, Hugo Cea terminou 9º e Xián Nogueiras 10º. Destacada actuación do relevo benxamin masculino formado por Samuel Cortés, Brais Otero, Xandre Pomar e Arón Lorenzo, que obtiveron a segunda posición.

A proxima xornada será xa en Riveira o Campionato Provincial , no cal participaran as 16 mellores marcas de cada proba e categoría o vindeiro 21 de Maio e no que estarán presentes unha novamente unha boa representación do club.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -