O Olímpico loitará por seguir na elite do dúatlon nacional este fin de semana


O campionato de España de dúatlon contrarreloxo por equipos e o campionato de España de dúatlon por relevos, constitúen as dúas últimas xornadas da liga nacional.



Chega a hora da verdade para os nosos equipos masculino e feminino esta fin de semana en Soria, coa disputa do campionato de España de dúatlon contrareloxo o sábado e do campionato de España de dúatlon por relevos o domingo. Nas probas, que constitúen as dúas últimas xornadas da liga de nacional, o Olímpico de Vedra está representado polo equipo masculino e o equipo feminino, os dous en segunda división.

Tras a disputa das dúas primeiras xornadas en Boiro (campionato de España de dúatlon por equipos) e Cerdanyola (campionato de España de dúatlon sprint), o Olímpico fixo unha parte do traballo que compre rematar agora.

EQUIPO FEMININO

O equipo feminino viaxa a Soria no terceiro posto da clasificación e prácticamente coa permanencia asegurada e con opción mesmo de acceder a un dos dous postos que darían o ascendo a primeira división. Aída García, Sofía Pereira, Tania Garabatos, Katia Senín, Olivia Rodríguez e Angela Chapela, serán as integrantes do equipo que o sábado disputará o campionato de España de dúatlon contrareloxo. O domingo, tres delas repetirán no relevo.

EQUIPO MASCULINO

Miguel Daporta, Anxo Lema, Jacobo Crego, Sergio Oliveira, Kike Goce e Ismael Carballo, serán os integrantes do equipo de contrarexolo masculino, proba na que tentarán de apuntalar a permanencia na segunda división, unha categoría na que tras as dúas primeiras xornadas se atopan na quinta posición a 18 puntos dos postos de ascenso e 12 dos de descenso. Xa o domingo, ao igual que féminas, tres dos integrantes do equipo disputarán a o campionato de España de dúatlon por relevos.

COMPETICIÓN E SISTEMA DE PUNTUACIÓN

O campionato de España de dúatlon contrareloxo por equipos, disputase o sábado sobre a distancia sprint (5 qm carreira, 20 qm ciclismo e 2,5 qm carreira). Nel os equipos teñen que ir con todos os seus integrantes agrupados e outogalle o tempo ao club o 4º en cruzar a liña de meta. O campionato de España de dúatlon por relevos, que terá lugar na mañá do domingo, compítese sobre distancia supersprint e cada un dos tres relevistas do equipo deberá superar un minidúatlon (2 qm carreira, 5,3 km ciclismo, 1 qm carreira).

Na proba do sábado o primeiro equipo clasificado acada 30 puntos que van descendendo de 2 en 2 ata os 12 que acada o último clasificado, mentres que o domingo o primeiro obtén 15 puntos descendendo punto a punto ata os 6 que logrará o último clasificado.

COMPETICIÓNS ESCOLARES

O Olímpico de Vedra tamén despraza aos seus dous equipos escolares. O masculino (Cesar Otero, Marcos Dobalo, Víctor Bouzón e Carlos Sendiña), que xa o ano pasado acadaran o 15º posto na contrareloxo e o 9º no relevo. Este ano ademais, debuta o equipo feminino (Alba Muñiz, Noelia Seijas, Alba Lorenzo e Yolanda Mareque), que ademais outorgarán novos puntos para o ranking de clubes, pendentes aínda de cubrir 3 resultados femininos para o mesmo. A competición escolar do domingo e exactamente igual que a das categorías absolutas, mentres que a contrareloxo do sábado, disputarase sobre a distancia de 2,5 qm correndo, 10 qm en bici e 1,25 qm de carreira novamente.

HORARIOS DE SAÍDA

Campionato de España contrareloxo. Sábado 23

13:29 equipo escolar feminino

13:40 equipo escolar masculino

17:40 EQUIPO ELITE FEMININO

17:50 EQUIPO ELITE MASCULINO

Campionato de España de dúatlon relevos. Domingo 24.

10:15 equipo escolar masculino

10:17 equipo escolar feminino

11:40 EQUIPO ELITE FEMININO

13:00 EQUIPO ELITE MASCULINO


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com