© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Numerosa participación das nosas escolas no campionato provincial de dúatlon


As infantiles femininas campioas e os cadetes bronce, no que son uns discretos resultados, pero esperados, nun ano no que o obxectivo e seguir creando escola

Este domingo disputouse en Fene o campionato provincial de dúatlon en idade escolar, cunha nutrida representación do noso club. Os resultados foron bastante discretos para o que nos teñen acostumados noutras ocasións, pero non obstante os esperados, pois estamos a formar canteira nun ano de rodaxe.

O equipo infantil feminino, moi mermado polas lesións proclamouse campión provincial, resultado que non ten máis mérito que ter 3 deportistas, ao ser soamente o club na provincia con este número de representantes. Alba Muñíz, Noelia Seijas e Yoli Mareque, remataban 11ª, 12ª e 14ª respectivamente, pero o feito de ser o primeiro equipo fainas acadar praza para o campionato galego, onde esperemos que con 3 semanas máis de entrenamento e sen percances físicos, poidan xa rendir a mellor nivel.

O equipo cadete masculino tiña que conformarse co terceiro posto logo de acabar Carlos Sendiña 6º, Víctor Bouzón 9º e Garikoitz Ruano 16º. A eles uniranse no campionato galego Cesar Otero e Marcos Dobalo, para facer do Olímpico un dos clubes candidatos a podio.

A nivel individual hai que destacar o 4º posto de Gabriela Quintás en alevín e Xian Castro 8º en infantil, que en apenas dous meses conseguíron clasificarse a título individual para a final autonómica ao acadar o octavo posto.

Os equipos alevín (André Cerdeira 11º, Diego Liñares 20º, Davíd Muñíz 25º e Domingos Pose 28º) quedaban en cuarta posición e non acadaban o pase para o campionato galego. O mesmo lle ocurreu ao equipo benxamín masculino que rematou 5º, con Arón Lorenzo 11º, Mario Tizón 19º, Brais Otero 21º e Hugo Cea 29º.

Así pois, no campionato galego 10 serán os nosos representantes, coa dificil misión de pelexar polos podios, pero non nos cabe dúbida de que os que o disputen darán todo por acadalos.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -