© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

10 representantes do club na segunda xornada clasificatoria de atletismo escolar


A proba constitúe a segunda xornada clasificatoria para o campionato provincial nas categorías benxamín e alevín.


10 cativos do club participarán na tarde do próximo sábado día 23 nas Pistas da Pobra do Caramiñal segunda das dúas xornadas clasificatórias para o campionato provincial escolar de atletismo en pista, buscando estar entre as 16 mellores marcas da provincia, que lle den acceso a dito campeonato.

EN Categoría benxamín competirán Samuel Cortés en lanzamento de pelota, en 500 metros Arón Lorenzo, Xandre Pomar e Brais Otero, que correrán o relevo tamén xunto con Samuel. Tamén en 500 competirá Hugo Cea, que participará tamén en lanzamento peso. Xian Nogueiras competirá tamén en lanzamento de peso e lanzamento de pelota e cerrará a participación benxamín Alex Cabo participarán en 500 e pelota.

En alevíns, Frans de Roo competirá en 2km marcha e 60 metros lisos, Xosé Raviña en 500 e lonxitude e Tareixa Pose en 2km marcha e lonxitude.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -