Cinco primeiros postos, dous segundos e un terceiro no clasificatorio infantil


8 podios e moitas marcas persoais, nunha destacada actuación d@s nos@s deportistas da categoría infantil


Na chuviosa tarde de hoxe tamén tivo lugar o primeiro clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade, na categoría infantil. O Olímpico acudía cunha nutrida representación e acadou unha morea de bos resultados. O relevo feminino (Carla Perez, Andrea Torres, Araceli de Roo e Gabriela Quintás) conquistaba o primeiro posto. A propia Araceli facíase co primeiro posto en lanzamento de peso (8,40) e lanzamento de disco (22,20) e Gabriela gañaba tamén os 3000 metros lisos (12,33). EN 3 km marcha Noela Baltasar tamén gañaba cun tempo de 18:44. Dous segundos postos para Carla Pérez 2ª en 80 metros lisos e Manuela Ravilla en 150 metros lisos e tamén podio para Mariña Cortés ao ocupar o terceiro posto en Tetrathlon.

Pero a realidade é que tódolos deportistas do club tiveron unha moi boa actuación, con marcas persoais e en moitos casos acariñando os postos de podio. Así en 3 qm marcha, Icía Nogueiras era 4ª con 19:48 e Iria Ferreiro 5ª con 21:17, Carlota Cea 7ª con 24:53, Sara Martínez 10ª con 27,02 e Lúa Parra 11ª con 27,06 , Lucía Freire era 5ª en disco con 12.02, Lucía Castro 6ª en peso con 6.04, Andrea Torres 8ª en xavalina con 9.89m, Carla Parada 5ª en 80ml con 11:40, Diego Liñares 8º en disco con 11.52 e André González 8º en 500 con 1:42 entre outros moitos resultados. En definitiva, e pese ao mal tempo, unha gran xornada deportiva. A proxima xornada será en A Pobra o vindeiro 7 de Maio. Parabéns a tod@s e a seguir loitando polas vosas marcas


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com