Subcampionato galego de dúatlon para o Olímpico de Vedra


5 medallas individuais: subcampionato absoluto para Manu Dosil, ouro veterán para Aída García, prata sub23 para Anxo Lema e cadete para Cesar Otero e bronce veterán para Kike Goce.

O noso club voltou a superarse onte en Lugo, realizando a nosa mellor actuación de sempre nun campionato galego absoluto, coa consecución do subcampionato masculino por equipos, unha medalla individual absoluta e 4 por categorías. Soamente o Tripenta Terras de Lugo, con deportistas profesionais e estranxeiros impedíu que o Olímpico fose desta vez o mellor equipo de Galicia.

Na proba masculina gran actuación de Manu Dosil, que acadaba o subcampionato absoluto, despois de viaxar toda a proba nos postos cabeceiros e realizar unha sobervia proba, soamente superado polo deportista do Tripenta e exciclista profesional Gustavo Rodríguez. Manu acada así un subcampionato co que pon un broche excepcional a que é a primeira tempada como deportista do noso club. Foron el, xunto con Miguel Daporta 6º, por 4º ano consecutivo no top 6 dos campionatos galegos e Anxo Lema 10º, os que lle deron ao club o subcampionato galego por autonomías, soamente superado polo Tripenta, e acompañados no podio polo Cidade de Lugo Fluvial, tamén con un deportista portugues. Para engadir máis mérito as participacións de Anxo e Miguel, compre sinalar que pasaron boa parte do inverno lesionados e sen poder adestrar con continuídade, Anxo conquistou ademais o subcampionato galego na clasificación sub23. Parte moi importante neste podio tivo tamén Jacobo Crego, que rematou nunha salientable 15ª posición, despois de protagonizar unha gran remontada no segmento ciclista, madurar aos rivais e baixarse a correr na 3ª posición. O quinto representante do club en cruzar a meta foi Kike Goce, na posición 39ª como 3º veterán (lástima dunha inoportuna gripe que o lastrou moitísimo para a proba). Isma Carballo, remataba nunha moi notable 50ª posición na que é a súa primeira tempada como duatleta. Cesar Otero, logrou tamén o subcampionato na proba cadete e amosando unha enorme proxección de futuro. Os últimos integrantes do club en cruzar a meta foron Sergio Oliveira, que tamén convalecente dunha gripe soamente iba correr os primeiros 5000 metros, pero que finalmente botou unha man a Fernando Fernández, deportista sempre disposto a botar unha man, e completaron os dous a participación do club no campionato, amosando o que son as señas de identidade deste club e para nós o que nos fai únicos, o compañeirismo.

Na proba feminina soamente se dou acadado o 5º posto, nunha proba na que Aída García rematou na 6ª posición e se proclamou campioa veteran a pesar de ter moitos problemas na t2 pois co frío non era capaz de desabrocharse o casco. Malia todo un grandísimo posto. Tania Garabatos ocupaba a 15ª posición nunha notable actuación e completaban a actuación do club Katia Senín 21ª e Olivia Rodríguez 23ª. A cruz foi Tania Suárez, que lesionada, víase obrigada a abandonar.

PROBA POPULAR

Ademais do campionato galego, na proba popular participaban 7 deportistas do club, onde Xurxo Carballo, Marcos Dobalo e Carlos Sendiña, remataban 4º, 5º e 8º respectivamente, sendo Marcos o 3º clasificado cadete. Ademais as 4 integrantes das categorías infantil-cadete Alba Muñiz, Noelia Seija, Alba Lorenzo e Yolanda Mareque, realizaban a proba a modo de entrenamento, acortando na bici por mor da malísima climatoloxía que se dou a hora da proba, pero dando un pasiño máis coa escola do club.

EN QUINCE DÍAS SORIA

Así pois faltan a penas 15 días para os últimos campionatos de España de dúatlon (contrareloxo e relevos) que terán lugar en Soria e que serán ademais as dúas últimas xornadas da liga de dúatlon. So un pasiño na búsqueda de acadar o obxectivo da tempada, que ata o momento está a cubrir con creces, e pese as eivas físicas, as expectativas.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com