Os nosos 8 atletas máis xóvenes participaron hoxe no primeiro clasificatorio



Hoxe tivo lugar en Santiago a primeira xornada clasificatoria para o campionato provincial de atletismo en pista en idade escolar, nas categorías benxamín e alevín. Ata as pistas de atletismo do Estadio Universitario desprazáronse os nosos atletas máis cativos integrantes de ditas categorías. En alevín destacaron as actuacións de Frans de Roo e Tareixa Pose, cuartos en 2 qm marcha. En benxamín tiveron boa actuación en lanzamento de pelota Hugo Cea e Arón Lorenzo, 9º e 10º respetivamente, así como Alex Cabo en salto de lonxitude e o propio Arón en 1000 metros lisos, xunto con Xián Nogueiras, Brais Otero e Samuel Cortés.

A próxima xornada terá lugar na Pobra e nela esperamos que os que non o acadaron hoxe si poidan lograr a súa clasificación para o campionato provincial, pero, sobretodo, esperamos que disfruten coma hoxe, dunha xornada de deporte e convivencia.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com