Galego absoluto de dúatlon, galego de milla e comarcal de atletismo, citas desta fin de semana


O campionato comarcal de atletismo ten lugar hoxe en Santiago, mentres mañá se disputarán en Sada o de milla en ruta e en Lugo o Galego absoluto de dúatlon

CAMPIONATO COMARCAL DE ATLETISMO

Hoxe a tarde dispútase nas Pistas da Universidade de Santiago a primeira das dúas xornadas clasificatorias para o campionato provincial escolar nas categorías benxamín e alevín. Para o citado campionato clasificaranse as 16 mellores marcas de cada proba e categoría das dúas xornadas. A cita o Olímpico acude con 10 deportistas. En benxamins: Samuel Cortés, Xián Nogueiras, Hugo Cea, Àlex Cabo, Brais Otero, Arón Lorenzo, Xandre Pomar. En alevíns: Frans de Roo, Xosé Raviña e Tareixa Pose.

CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON

Mañá domingo terá lugar un dos pratos fortes da sección absoluta a nivel autonómico, coa disputa do campionato galego de dúatlon en Lugo. As 11 da mañá será a proba feminina, coa presenza de 5 deportistas do club: Katia Senín que acadou praza en Guitiríz, Aída García e Tania Garabatos que o lograron en Santiago, Tania Suárez clasificada no dúatlon de Arteixo e Olivia Rodríguez no de Vigo. Posteriormente, as 12:15 será a proba masculina coa presenza de 9 deportistas do club: Jacobo Crego, clasificado en Guitiriz, Manu Dosil e Miguel Daporta, clasificados en Santiago, Kike Goce e Sergio Oliveira en Arteixo, Isma Carballo clasificado en Vigo e Anxo Lema, Cesar Otero e Fernando Fernández, que acuden coas tres invitación que lle corresponden ao club por haber logrado a medalla de bronce no campionato de 2015.

Previamente a esta proba tamén participarán na proba popular os deportistas cadetes e infantiles do club, así como algún da categoría absoluta, que aproveitan para competir e animar aos participantes do club no campionato galego.

CAMPIONATO GALEGO DE MILLA EN RUTA

Tamén mañá a mañá dispútase o Campionato Galego de Milla en Ruta no Paseo Marítimo de Sada. Nel tomaran parte oa mellores especialistas da proba de Galicia e tamén estaremos representados por 8 deportistas do club. Serán en categoría infantil feminina: Lucía Castro, Carla Pérez, Gabriela Quintás, Andrea Torres e Manuela Raviña; en infantil masculino Domingos Pose e en cadete masculino Víctor Bouzón e Xián Castro. O ano pasado Gabriela foi campiona e Carla 4ª e Xian 6°, retos complicado de voltar a acadar este ano pola coincidencia da meirande parte deles no primeiro ano de categoría.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com