O Olímpico ascende ao 15º posto do ranking e conquista o subcampionato sub23 feminino en Cerdanyola


O equipo absoluto masculino 17º, con Manuel Dosil 48º e Miguel Daporta 71º en élite, o absoluto feminino 25º, o cadete masculino 10º e o sub23 masculino 13º

Obxetivo cumplido esta fin de semana en Cerdanyola a onde o Olímpico de Vedra viaxaba coa firme misión de asegurar a praza no top do ranking nacional de clubes de tríatlon e de escalar posición na 2ª división absoluta masculina e feminina da liga de clubes de dúatlon.

EQUIPO ABSOLUTO MASCULINO

Manuel Dosil e Miguel Daporta fóron esta vez os representantes do club na proba elite masculina realizando unha sobervia proba. O primeiro remataba nun estupendo 48º posto, que soamente merece calificativos excepcionais, pois leva apenas dous anos neste deporte. O segundo, pese a levar meses con unha lesion que a penas lle permitíu correr sempre é unha baza fiable, que nas condicións máis adversas nunca falla. A súa actuación xunto coa de Jacobo Crego en grupos de idade, onde acadou un reseñable 11º posto no grupo de 30 a 34 anos, déronlle ao club o 17º posto de 49 equipos participantes na clasificación. Anxo Lema 22º no grupo de 20 a 24 e Sergio Oliveira 34º no grupo de 35 a 39 anos, completaban unha actuación que lle daba ao clube a 4ª posición na clasificación de entre os participantes en 2ª división, o que coloca ao equipo absoluto masculino na metade da taboa de segunda división. Completou a participación Pablo Cabanelas co posto 36º tamén no grupo de 35 a 39 anos.

EQUIPO SUB23 MASCULINO

A actuación do propio Anxo, hai que engadir a de Nico Villanueva 62º e Pablo Martínez 73º, que pese a non atoparse no seu mellor momento físico tomaron parte na proba para que o club acadara o posto 13º de 14 equipos, pero que lle da uns valiosos puntos ao club para o ranking

EQUIPO ABSOLUTO FEMININO

Menos mal que o sábado se asegurara a clasificación en grupos de idade, porque o domingo non se puido ter máis mala sorte. Aída García realizaba unha proba sobervia, rematando na posición 30ª da xeral élite, pero era descalificada por non parar na area de penalización a cumplir sanción, presumiblemente por tirar unha botella fora da area de abandono de residuos. Sofía Pereira sufría un pinchazo no segmento ciclista que a obligaba a abandonar. De ahí a importancia de levar o suficiente equipo en grupos de idade para asegurar a clasificación. Nesta proba, que tamén tivo incidentes, Katia Senín remataba nun notable 8º posto, Marta Suárez era 13ª no grupo de 25 a 29 anos e completaba a clasificación do equipo para o campionato Tania Suárez, que correndo lesionada rematou no posto 15º do grupo de 20 a 24 anos. Con este descalabro o equipo ocupou no campionato o último posto, na posición 25. Esta actuación non obstante obtiña botín para a liga de clubes, onde se precisa que puntúen 5 deportista, e onde as 3 anteriores se sumaron Tania Garabatos, que se pasou un xiro dando ao traste coas súas opcións pero aínda así completaba a proba en 15ª posición no grupo de 30 a 34 anos e Raquel Vaamonde 16ª no grupo de 20 a 24 anos, logrando a segunda posición entre os equipos de segunda división, ascendendo ata o terceiro posto da clasificación da liga.

EQUIPO SUB23 FEMININO

O equipo sub23 feminino con Katia Senín, unha lesionada Tania Suárez e Raquel Vaamonde que tamén contribueu como puido, lograron o subcampionato de España por equipos. Dada a escasez de equipos nesta categoría feminina é un reto que parece asequible, pero que o mesmo que o é para este club podería selo para outros e ahí reside o mérito do Olímpico, en compensar onde fai falla, para sendo humildes estar onde se está.

EQUIPO CADETE MASCULINO

Os máis cativos do club eran os primeiros en tomar parte na proba de Cerdanyola. Antecedidos por moitas circunstacias que non lles permitían chegar no mellor momento a proba remataban nunha excepcional 10ª posición de 26 equipos, tendo en conta que nesta categoría son 3 anos e dous dos que puntuaron para o equipo son de primeiro ano. Ademais cada vez o nivel é maior e os cadetes xa entrenan como profesionais, con deportistas nas primeiras posicións que teñen un nivel elite. O primeiro do club foi Cesar Otero, nunha fantástica posición 30ª pese a sair demasiado atrás e verse moi condicionado coa primeira carreira. Víctor Bouzón remataba 54º no que é un gran resultado tratándose dun deportista de primeiro ano, ademais Victor con estar no campionato xa logrou unha gran victoria. Carlos Sendiña, cunha caída na saída e Marcos Dobalo cun flato dende o primeiro quilómetro da carreira non tiveron sorte, pero aínda así remataban respectivamente 89º e 97º, posicións moi salientables pois a Carlos aínda lle quedan 2 anos máis na categoría e Marcos ten un mérito enorme que acadara ese posto correndo no estado que correu.

Noraboa a tod@s, esto é froito dun traballo en equipo, de meses de planificación, de deportistas que adestran, de directivos que dedican tempo, de compañeiros que se sacrifican polos compañeiros. Somos un equipo único, sin medios e sin apenas infraestructuras, pero a gañas, a pasión e a tesón non nos gaña ninguén. So así se consegue seguir na pelexa pola segunda división, e so así se chega ata ser o 15º mellor clube de España.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com