© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Histórica expedición do club ao campionato de España de dúatlon


19 deportistas, con representación en cadete masculino, sub23 masculino e feminino e absoluto masculino e feminino


A expedición máis numerosa da historia do Olímpico de Vedra parte rumbo a Cerdanyola del Vallés (Barcelona) para a disputa do campionato de España de dúatlon distancia sprint esta fin de semana.

Os encargados de abrir a competición seran os cadetes: Cesar Otero, Marcos Dobalo, Víctor Bouzón e Carlos Sendiña o sábado as 11 da mañá, nunha proba a que chegan lastrados por algún percances na preparación pero con convicción de poder mellorar en moito o 15º posto acadado en Soria o ano pasado.

O sábado a partir das 15:00 é a hora dos grupos de idade. E ahí onde participarán os integrantes dos nosos equipos sub23. En categoría masculina Anxo Lema, que por excasos postos non logrou praza en elite, Nicolás Villanueva e Pablo Martínez. Completarán a participación en grupos de idade do equipo absoluto masculino Jacobo Crego, Sergio Oliveira e Pablo Cabanelas. Tamén participará en grupos de idade o equipo sub23 feminino formado por Katia Senín, Tania Suárez e Raquel Vaamonde, completando o equipo absoluto feminino Tania Garabatos e Marta Suárez.

Xa o domingo será o turno da categoría elite. Nela tomarán partida na proba masculina Miguel Daporta, presente nos últimos 3 campionatos de España elite e Manu Dosil, que pese a debutar, chega nun moi bo momento. Na proba feminina as dúas deportistas serán debutantes en elite na distancia sprint, serán Aída García e a aínda junior Sofía Pereira.

Ademais de ser campionato de España, esta proba constitúe a 2ª xornada da Liga Nacional de clubes de dúatlón, onde os nosos equipos masculino e feminino figuran en 2ª división ocupando os dous o 7º posto. A puntuación nesta xornada obtense da clasificación dos 5 integrantes de cada equipo, é así pois unha proba onde é importante a actuación de todos os membros do equipos. Así pois, so queda desexarlle moita sorte a tod@s.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -