© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

160 deportistas no dúatlon escolar de Vedra e 22 clasificados do Olímpico para o provincial


Rozaron o podio Víctor Bouzón e Gabriela Quintás co 4º posto. Destacados 7º posto de Carlos Sendiña e 8º postos de André Cerdeira, Alba Muñíz e Xian Castro nunha proba, na que pese a non acadar podio logramos clasificar 22 deportistas para o campionato provincial.

O pasado sábado 19 de marzo tiña lugar o 10 dúatlon escolar de Vedra, que tivera que ser suspendido pola mala climatoloxía o 28 de febreiro. Na proba déronse cita 160 deportistas de clubes chegados de toda a provincia, con participación nas categorías que van dende benxamín ata cadete.

O noso club non obtivo ningún podio pois non é o ano no que mellor nos coincidan as categorías, pero si se ve cada vez un grupo máis numeroso que empeza a amosar maneiras acadando a clasificación para o campionato provincial 21 deportistas, superando por primeira vez a vintena, con opcións para os equipos benxamín masculino, alevín masculino, infantil feminino e cadete masculino.

Na proba cadete masculina Víctor Bouzón rozou o podio coa 4ª posición, Carlos Sendiña rematou nun notable 7º posto e Garikoitz Ruano era 13º. En Infantil o equipo feminino encabezabao Alba Muñíz en 8ª posición, Noelia Seijas era 15ª e Yolanda Mareque 16ª mentres que os infantiles masculinos Xian Castro e Alberto Pampin remataban 8º e 17º respectivamente. O equipo alevín masculino remataba con André Cerdeira en 8ª posición, David Muñíz 14º, Diego Liñares 20º, Asier Cabo 24º e Domingos Pose 25º, mentres que na proba feminina Gabriela Quintás rozaba o podio no seu debút, co 4º posto e Rosana Fernández era 14ª. Xa en benxamíns Arón Lorenzo era 17º, Mario Tizón 25º, Alex Cabo 28º, Brais Otero 31º, Hugo Cea 33º e Xandre Pomar 37º, mentres que a única benxamín era María Fernández no posto 9º.

Todos eles está clasificados para o campionato provincial que se celebrará o día 17 de abril en Fene. Ahí xa soamente se clasificarán os dous primeiros equipos e os 8 mellores deportistas individuais de cada categoría. Vai estar dificil estar no galego, pero estamos seguros que @s nos@s deportistas van loitar por ese reto.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -