5 citas esta fin de semana con un campionato de España, un clasificatorio nacional, 2 campionatos ga


Campionato de España de dúatlon de longa distancia en Orihuela, clasificatorio para o campionato de España de dúatlon sprint en Morcín, campionato galego de campo a través escolar na Estrada, campionato galego de Nada e Corre en Pontevedra e 3ª proba do circuito galego de dúatlon en Riveira.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON DE LONGA DISTANCIA

O prato forte desta fin de semana terá lugar en Orihuela (Alicante) a onde viaxa o Olímpico de Vedra con unha expedición de 6 deportistas, 3 en categoría masculina e 3 en feminina, que tratarán de acadar puntos para o ranking nacional.

En elite masculino competirá Miguel Daporta, actualmente na posición 30ª do ranking nacional, que tratará de escalar posicións en dita clasificación. Completarán a participación do equipo masculino Fernando Fernández e Julio Mallo. En elite feminino a representante do noso club será Aída García, completando a participación en grupos de idade Tania Garabatos e Bea Lago.

O campionato de España de longa distancia dará comezo as 9:00 do domingo e os deportistas deberán percorrer 16 quilometros a pe, 65 e bicicleta e 8 quilómetros a pe novamente. Un proba de longa distancia que outorga ata 75 puntos por categoría para o ranking estatal.

CLASIFICATORIO CAMPIONATO DE ESPAÑA

En Morcín (Asturias) será o último clasificatorio para o campionato de España de dúatlon sprint, que terá lugar o 3 de abril en Cerdanyola (Barcelona). Ata alí acuden Jacobo Crego e Manuel Dosil, coa intención de facerse con dúas das 16 prazas que quedan en xogo para poder clasificarse para o campionato de España elite.

A proba dará comezo maña sábado a partir das 16:00 horas e nela os deportistas deberán superar unha distancia de 5 quilómetros de carreira, 20 km de ciclismo (con un porto de montaña) e 2,5 quilómetros novamente a pe.

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Tamén mañá disputase o campionato galego de campo a través escolar, dentro do programa Xogade da xunta de Galicia. Nel tomaran parte os/as atletas clasificados entre os 8 primeiros participantes individuais e os 2 mellores equipos de cada provincia.

O noso club estará representado por 3 deportistas. Gabriela Quintás na proba infantil (1800 metros) a que accede logo de terse proclamado campioa provincial. Carlos Sendiña na proba cadete masculina (4100 metros), para a logrou a clasificación acadando o subcampionato provincial e Alba Muñiz na carreira cadete feminina (2300 metros) a que accedeu acadando o 7º posto provincial. A proba terá lugar na maña do sábado no entorno da area recreativa do Rio Liñares no concello pontevedrés da Estrada.

CAMPIONATO GALEGO DE NADA E CORRE

Pontevedra tamén acollerá mañá a final autonómica do circuito galego Nada e Corre. Para ela estaban clasificados Cesar Otero e María Fernández. Finalmente participará soamente María Fernández na proba benxamín feminina, na que deberán facer unha natación de 50 metros e unha carreira de 500 metros. A proba celebrarase en sesión de mañá e tarde, a mañá a natación no complexo deportivo Rías do Sur, e pola tarde a carreira nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

DUATLÓN DE RIVEIRA

Riveira será a sede da 3ª proba do circuíto galego de dúatlón, clasificatoria para o campionato galego. Nela participarán 5 deportistas do Olímpico de Vedra. Na proba elite estarán Kike Goce e Sergio Oliveira, buscando o billete para o campionato galego, mentres que na proba sen corte tomarán a saída Antón Barreiro, Xurxo Carballo e Nico Villanueva, na procura de seguir acadando quilómetros de competición.

A todos e todas os que compiten esta fin de semana. Moita sorte!!!!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com