© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Gabriela Quintás campioa provincial de cross e Carlos Sendiña subcampión


Excepcional actuación dos nosos atletas con dous podios no campionato provincial de Cross. Ademais Alba Muñiz 7ª logra tamen o billete para o galego e o equipo infantil feminino roza o podio co cuarto posto

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS ESCOLAR

Excelente rendemento hoxe dos nosos atletas no campionato provincial de cross disputado en Narón, onde Gabriela Quintás se proclamaba campioa provincial na proba infantil, actuación de enorme éxito ao ser unha deportista de primeiro ano na categoría. Na mesma categoría completaron unha moi salientable actuación o resto do equipo: Noela Baltasar, Lucía Castro, Carla Pérez, Manuela Raviña e Andrea Torres, case todas elas tamén debutantes na categoría, ao quedarse as portas do podio, ocupando a 4ª praza. De seguro será un equipo a ter moi en conta para o vindeiro ano na categoría infantil.

Na proba cadete tamén excelente carreira de Carlos Sendiña, ao acadar o subcampionato provincial e lograr así, xunto con Alba Muñíz, que tamén acadaba un moi destacado sétimo posto a clasificación para o campionato galego, que se disputará a vindeira fin de semana no concello de A Estrada.

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

Hoxe tamén tiña lugar o campionato galego cadete de pista cuberta onde participaban dous dos nosos deportistas: Xian Castro, que remataba quinto na primeira semifinal de 50 metros vallas e non lograba o pase para a final e Alba García, que remataba no posto 12º na final de 3000 metros lisos. A proba tivo lugar no Pazo dos Deportes de Riazor na Coruña.

CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS DE CROSS

E para rematar unha fin de semana repleta de competición, hoxe tamén tiña lugar no concello de Fene o campionato galego de cross de veteranos, onde no grupo de 35 a 40 anos participaba Pablo Cabanelas, acadando o posto 41º sobre un circuíto de 7300 metros.

Remata así un fin de semana cheo de competicións e xa asoma outro con importantes competicións: O campionato de España de dúatlon de longa distancia en Orihuela, o campionato galego escolar de cross na Estrada, o clasificatorio para o campionato de España de dúatlon en Morcín e o dúatlon de Riveira (3ª proba clasificatoria do circuíto galego).


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -